Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Socioloxía: Introdución á socioloxía das relacións laborais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Desenvolvemento teórico dos contidos temáticos do programa de socioloxía, tratando de desenvolver a capacidade de pensamento e de análise sobre a realidade social actual nas súas distintas dimensións, destacando a influencia estratéxica do proceso socio-laboral na articulación da sociedade, a súa estructuración social e os procesos de cambio social.
Estudo de casos/análises de situacións En cada unha dos Seminarios do curso proporase un texto para comentar correspondente a cada unha das unidades nas que se estrutura o temario, coa finalidade de que o alumnado sexa capaz de comprender, analizar e explicar adecuadamente, tanto de forma escrita como oral, un texto sociolóxico.
Preténdese, así mesmo, que o alumnado profunde e consolide os coñecementos adquiridos en cada unha das sesións maxistrais do curso.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000