Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
 Materias extracurriculares
  Historia: Historia das relacións laborais no mundo contemporáneo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Presentación presencial ante o grupo do traballo realizado en equipo e participación nos debates posteriores. 15 A3
A4
B2
B4
D3
D4
D5
Traballo tutelado Valoración do traballo en grupo proposto que debe ser entregado na plataforma dixital no prazo estipulado 15 A2
A4
A5
B2
B4
D1
D3
D5
Prácticas con apoio das TIC Participación e traballo en rede 5 B3
B4
D1
Lección maxistral Participación activa durante as clases: preguntas, respostas, iniciativas... 5 A1
A5
B3
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba final de modalidade escrita e presencial (preferentemente) ou de modalidade oral e virtual (se as circunstancias sanitarias así o aconsellan) sobre os contidos expostos nas clases teóricas. A Proba terá un número de preguntas de desenvolvemento que estará entre 2 e 4. 40 A1
A5
C27
D1
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Informe escrito do traballo de investigación realizado en equipo 5 A2
A3
A5
B1
D1
D4
Exame de preguntas obxectivas Valoración das respostas ás probas tipo TEST realizadas na plataforma dixital 15 A2
A5
B1
B3
C27
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para o alumnado que participou na Avaliación Continua durante o curso:

- Tanto na primeira como na segunda convocatoria o alumnado realizará unha proba final (escrita/presencial ou oral/virtual) de entre 2 e 4 preguntas de desenvolvemento. Esta proba suporá o 40 % da calificación final, e versará  sobre os contidos expostos durante as sesións teóricas. Para facer media coa nota obtida na Avaliación Continua, o alumnado debe acadar na proba unha nota mínima de 4 (sobre os 10 puntos posibles).

Para o alumnado que non participou na Avaliación Continua durante o curso:

- É moi oportuno que o alumnado que non poida participar na Avaluación Continua poida poñerse canto antes en contacto co profesor da materia (no seu despacho - presencial ou virtual - por e-mail, ou mediante a plataforma virtual) para recibir as indicacións mais importantes que permitan organizar o traballo da materia. O alumnado deberá superar cunha nota mínima de 5 unha proba de 4 ou 5 preguntas de desenvolvemento, coa que poderá acadar o 100 % da calificación final. Os contidos a examinar incluirán a totalidade do temario oficial, tanto das clases clases teóricas como das probas prácticas realizadas durante o curso. Isto motivará o alumnado a desenvolver as súas competencias na aprendizaxe autónoma, na toma de decisións, no traballo individual e nas relacións inter-persoais.

Para o alumnado que non superou a Proba Final, pero si a Avaliación Continua:

- Poderá manter a nota obtida na Avaliación Continua para o curso seguinte, pero deberá superar a Proba Final (escrita/presencial ou oral/virtual) cunha nota mínima de 5 puntos (sobre 10).

Para o alumnado da convocatoria Fin de Carreira:

- O alumnado deberá superar cunha nota mínima de 5 unha proba de preguntas de desenvolvemento, coa que poderá acadar o 100 % da calificación final. Os contidos a examinar incluirán a totalidade do temario oficial, tanto das clases clases teóricas como dos contidos prácticos. Isto motivará o alumnado a desenvolver as súas competencias na aprendizaxe autónomo, na toma de decisións, no traballo individual e nas relacións inter-persoais.

DATAS SINALADAS PARA As PROBAS FINAIS (escritas/presenciais ou orais/virtuais): 

As
datas e horarios das probas de Avaliación Final das diferentes convocatorias son as
especificadas no calendario de probas de Avaliación aprobado pola Xunta de Facultade
para o curso 2023-2024. Tamén serán comunicadas coa debida antelación a través da plataforma virtual da Uvigo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000