Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Traballo autónomo
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Durante o cuatrimestre se realizarán 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 10% da nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do examen final. As datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da materia. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase dunha proba teórica e escrita, que incluirá entre 5 e 7 preguntas de desenvolvemento sobre os distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 30 % da nota final. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase dunha proba/examen práctico consistente na resolución, por escrito, dun suposto/caso práctico no que o alumnado aplicará os coñecementos prácticos adquiridos durante o cuatrimestre. A cualificación obtida nesta suporá o 25 % da nota final. 25
Outras A participación e intervención en clase, a realización dos supostos prácticos, a preparación, cando así proceda, das leccións teóricas... e, en xeral, calqueira actividade desenvolvida polo alumnado para superar a materia ao marxe das probas obxectivas parciais e finais, serán avaliados polo docente durante todo o cuatrimestre, tendo un valor ponderado sobre a cualificación final do 25%.
EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA PARTICIPACIÓN EN
CLASE E NAS PROBAS TIPO TEST POIDA SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NA
PROBA DE RESPOSTA LONGA E NA PROBA PRÁCTICA FINAL, DEBERÁ
ALCANZARSE UNHA NOTA MEDIA DE 4,0 NESTAS DÚAS ÚLTIMAS PROBAS. DE
NON SER ASÍ, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA EVALUACIÓN CONTINUA NON SE
TERÁ EN CONTA, PODENDO CONSERVARSE PARA A CONVOCATORIA DE XULLO,
NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA.
25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA ORDINARIA XANEIRO-FEBRERO (Sistema de avaliación continua/sistema avaliación final)

a) Avaliación continua. Ao comenzo do curso, o
alumnado deberá manifestar, por escrito, conforme ao modelo
proporcionado polo docente, a súa vontade de someterse ao sistema de
avaliación continua. Para poder optar ao sistema de avaliación continua,
o alumnado deberá acreditar asistencia a un 80 % das clases teóricas e
prácticas. En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de
avaliación final.

b) Avaliación final. Aqueles/as alumnos/as que non se
acollan ao sistema de avaliación continua, serán avaliados nun examen
final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e de carácter
práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da
nota final.

CONVOCATORIA ORDINARIA XULLO

Se o/a alumno/a non superase a materia na
convocatoria ordinaria do mes de xuño, a nota obtida na avaliación
continua desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria
do mes de xullo. Porén, se non superase a materia nas dúas citadas
convocatorias do curso académico, o/a alumno/a tería que someterse a un
novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final
teórica e práctica. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000