Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Selección e avaliación do persoal
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Examen tipo test de 50 preguntas 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Para os asistentes


Consideraranse como asistentes aqueles cuxa presencialidade aos grupos de prácticas sexa arredor dun 80 % . 


A avaliación para o alumnado asistente estará composta por:


- Unha proba final obxectiva escrita tipo test, composta por 50 preguntas  con varias alternativas de resposta, con preguntas de  Verdadeiro ou Falso, asociación de pares, e preguntas con resposta incompleta. Para os considerados asistentes poderánse facer avaliacións parciais, dúas como máximo, segundo se vaia explicando o temario.  Cada pregunta vale un punto, e o aprobado (5) lograrase cun resultado de 30 acertos, despois de descontar as respostas erróneas (as respostas en branco non descontan). Esta proba contará un 60 % da nota final.


- Un traballo de prácticas que consta na realización, presentación e defensa oral dos diferentes exercicios prácticos realizados na aula e/ou dalgún tema seleccionado. Entregarase unha memoria final de todas as prácticas realizadas unha semana antes do exame da materia. 


Os traballos de prácticas contarán un 40 % da nota final, sempre que sexan recollidos e entregados nunha memoria final, e que o/a alumno/a chegue ou supere o 80 % de asistencia a clases.


Farase media entre teoría e práctica se se obtén como mínimo en cada unha das partes un aprobado (5).


Se non se supera algunha das partes  a materia estará suspensa, conservandose para segunda convocatoria a nota da parte aprobada  en primeira convocatoria.


2ª convocatoria: 


Os alumnos deberán presentarse á segunda convocatoria daquelas partes non superadas en primeira convocatoria (teoría e/ou práctica).


Se a parte non superada fose a parte teórica, a avaliación será unha proba obxectiva semellante a da primeira convocatoria.


Se a parte non superada fose a parte práctica, a avaliación constará da entrega no día do exame dun traballo relacionado coas prácticas, previamente tutelado polo profesor e dun exercicio teórico práctico acerca dos traballos realizados en clases.


2. Para os non asistentes


- Unha proba obxectiva final, escrita (obrigatoria) de toda a materia do temario será o día estipulado para o exame final (tablón de anuncios e páxina Web de la Facultade). O tipo de exame será idéntico ao dos asistentes, estará composto por 50 preguntas con varias alternativas de resposta, con preguntas de Verdadeiro ou Falso, Asociación de pares, e preguntas con resposta incompleta.  Cada pregunta vale un punto e o aprobado (5), lograrase cun resultado de 35 , despois de descontar as respostas erróneas (as respostas en branco non descontan). Esta proba contará un 60 % da nota final.


-Un traballo tutelado. Este traballo deberá estar iniciado, polo menos, 2 meses antes do  exame final e entregado dúas semanas antes do exame da materia e será titorizado polo profesor (polos medios que que se acorden) de forma periódica.  Comunicaráselle obrigatoriamente ao profesor, e recibirase a confirmación relativa aos seguintes pasos: Aprobación do tema seleccionado, A bibliografía utilizada, O esquema do mesmo, entrega dun borrador e traballo final. O traballo contará un 40 % da nota final.


Farase media entre teoría e práctica se se obtén como mínimo en cada unha das partes un aprobado (5).  Tamén precisar que é necesario sacar como mínimo un 5 (cinco) no exame final para que se lle poida sumar á mesma a calificación obtida na avalliación contínua. 


Se non se supera algunha das partes  a materia estará suspensa, conservandose para segunda convocatoria a nota da parte aprobada  en primeira convocatoria.


2ª convocatoria (orientativo maio-xuño)  : 


 Os alumnos deberán presentarse á segunda convocatoria daquelas partes non superadas en primeira convocatoria (teoría e/ou práctica).


Se a parte non superada fose a parte teórica, a avaliación será unha proba obxectiva semellante a da primeira convocatoria.


Se a parte non superada fose a parte práctica, a avaliación constará da entrega no día do exame dun traballo, previamente tutelado polo profesor e dun exercicio teórico práctico acerca do traballo realizado.


Convocatoria fin de carreira (orientativo outubro - novembro):


Será igual que o resto das convocatorias, é dicir unha proba obxectiva escrita tipo test, composta por 50 preguntas  con varias alternativas de resposta, con preguntas de  Verdadeiro ou Falso, asociación de pares, e preguntas con resposta incompleta. Para os considerados asistentes poderánse facer avaliacións parciais, dúas como máximo, segundo se vaia explicando o temario.  Cada pregunta vale un punto, e o aprobado (5) lograrase cun resultado de 30 acertos, despois de descontar as respostas erróneas (as respostas en branco non descontan). Esta proba contará un 60 % da nota final.


Para os non asistentes


Será unha proba obxectiva escrita tipo test, composta por 50 preguntas  con varias alternativas de resposta, con preguntas de  Verdadeiro ou Falso, asociación de pares, e preguntas con resposta incompleta. Para os considerados asistentes poderánse facer avaliacións parciais, dúas como máximo, segundo se vaia explicando o temario.  Cada pregunta vale un punto, e o aprobado (5) lograrase cun resultado de 30 acertos, despois de descontar as respostas erróneas (as respostas en branco non descontan). Esta proba contará o 100 % da nota final.


Observacións:


As datas das diferentes convocatorias serán consultadas na páxina web da facultade ou  nos taboleiros informativos da mesma. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000