Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereitos sociolaborais dos estranxeiros en España
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia
obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun
traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade na que se formulan problema e/ou exercicios
relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as
solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de
rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de
procedementos de transformación da información dispoñible e
a interpretación dos resultados. Adóitase empregar como
complemento da lección maxistral.
Debates Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse
nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no
resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido
previamente nunha sesión maxistral...
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un
grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou
dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar
a cabo de maneira individual ou en grupo.
Traballos tutelados O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un
documento sobre a temática da materia ou prepara
seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de
lecturas, conferencias, etc.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir
información sobre o alumnado, así como a presentar a
materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000