Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito social comunitario
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
Coñecer o aparello institucional e as fontes que afectan ao Dereito Social da Unión Europea. Coñecer as políticas sociais e de Seguridade Social da Unión Europea e a súa pegada no Dereito interno.
saber
A1
A2
Ser quen de manexar as Directivas e Regulamentos da Unión Europea nas súas competencias socio-laborais. Ser quen de empregar o Dereito Social Comunitario no contexto da conflitividade e litixiosidade interna e integralo no ordenamento xurídico español. Capacidade de interpretar o dereito español desde a perspectiva do Dereito da Unión Europea.
saber facer
A14
A17
A21
Capacidade para comprender e interpretar as fontes do Dereito Social da Unión Europea. Capacidade para atender aos desenvolvementos futuros das políticas sociais comunitarias. Capacidade para asesorar ás partes sociais e ás partes do contrato de traballo nas cuestións fundamentais de libre circulación de persoas, libre prestación de servizos, liberdade de establecemento e as súas conexións de Seguridade Social.
Saber estar / ser
A28
A29
A34
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000