Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Teoría das relacións laborais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Valorarase a resolución dos supostos prácticos plantexados. 20
Probas de tipo test Durante o cuatrimestre se realizarán 2 probas tipo test sobre unha parte dos contidos teórico/prácticos da materia. En ningún caso a superación destas probas lliberará de materia cara a realización do examen final. As datas de celebración da cada unha destas probas serán fixadas polo docente no cronograma da materia. Para avaliar as probas de tipo test os alumnos deben ter que acreditar cando menos o 80% de asistencia á clases teórico/práctica. 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Os contidos teórico/prácticos da materia serán avaliados nun examen final no que o alumnado deberá mostrar os coñecementos adquiridos. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aprobar a materia é necesario superar as probas de avaliación dos 2 bloques (Socioloxía e Dereito do Traballo).

Para que se poida ter en conta a avaliación contínua, cómpre que se obteña, cando menos, un 4 (catro) nun exámen final.

SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL:

Aqueles/as alumnos/as que no se acollan ao sistema de avaliación continua serán avaliados nun exámen final. Trátase dunha proba escrita sobre todos os continidos de materia e representará o 100% da nota final e será evaluado de 0 a 10 puntos.

CONVOCATORIA ORDINARIA MES DE XULLO:

Se o alumno non  superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de decembro/xaneiro, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Porén, se non superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o/a alumno/a tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:

Na convocatoria fin de carreira o/a alumno/a será avaliado nun único examen escrito, a celebrar según o calendario oficial do Centro, que representará o 100% da nota final e será avaliada de 0 a 10 puntos. 

DATAS DE PROBAS FINAIS:

Convocatoria de Fin de Carreira: 17 Outubro, 2014.

Convocatoria do 1º Período: 16 Xaneiro, 2015. 

Convocatoria de Xullo: 9 Xullo, 2015.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000