Guia docente 2011_12
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Teoría das relacións laborais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase
dunha proba teñorica e escrita, que incluirá entre 5 e 7 preguntas de desenvolvemento sobre os distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá
demostrar a adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de
extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 30% da nota final.
30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase
dunha proba/examen práctico consistente na resolución, por escrito, dun suposto/caso
práctico no que alumnado aplicará os coñecementos prácticos adquiridos durante o
cuatrimestre. A cualificación obtida nesta suporá o 25% da nota final.
25
Probas de tipo test Durante o cuatrimestre se realizarán 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 10% da
nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do examen final. As datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da materia.
20
Outras A participación e intervención nas clases teóricas e prácticas, a preparación dos supostos prácticos ou das sesións teóricas, cando así proceda, a realización de cuestionarios na plataforma faitic, a asistencia a actividades formativas organizadas pola Área de Dereito do Traballo e, en xeral, calqueira actividade desenvolvida polo
alumnado ao marxe das probas obxectivas parciais e finais, serán avaliados polo
docente durante todo o cuatrimestre, tendo un valor sobre a cualificación final do 25%.
25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aprobar a materia é necesario superar as probas de avaliación dos 2 bloques (Socioloxía e Dereito do Traballo)


CONVOCATORIA ORDINARIA MES DE XULLO


Se o alumno non  superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de maio/xuño, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Porén, se non superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o/a alumno/a tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.


 


SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL:



Aqueles/as alumnos/as que non se acollan ao sistema de avaliación continua serán avaliados nun examen final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final.


 


 


 


 


Os alumnos/*as que non superen a materia por avaliación continua poderán presentarse ao exame final segundo o *calendario oficial do Centro, que será *evaluado de 0 a 10 puntos.


Na segunda convocatoria os alumnos/*as poderán presentarse ao exame final segundo  o *calendario oficial do Centro, e será *evaluado de 0 a 10 puntos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000