Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dirección e xestión de recursos humanos II: Dimensión empresarial
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a comprensión da materia, a argumentación, capacidade de transmisión de contidos, presentación, implicación e traballo feito, etc 15
Estudo de casos/análises de situacións Avaliarase a comprensión da materia, a argumentación, capacidade de transmisión de contidos, presentación, implicación e traballo feito, etc. 25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Resolución dunha proba escrita presencial, ao final do cuadrimestre, sobre a adquisición de competencias de coñecemento, destreza na práctica, na que se inclúen preguntas de desenvolvemento, preguntas cortas, problemas, e/ou actividades a resolver nas que o alumno debe plasmar os coñecementos teóricos e prácticos da materia 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota obtida polo alumno nas distintas actividades, a excepción da proba final, terá vixencia para as convocatorias ás que da dereito a matrícula de cada curso académico.


Para os alumnos que non sigan a avaliación continua, á proba final, coa que poden acadar o 100% da nota e que será única para todos, engadiranse dous casos ou supostos prácticos.


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000