Estudo de casos/análises de situacións |
Resolución dun caso práctico prantexado. Proba de avaliación final consistente na resolución, por escrito dun suposto/caso práctico no que o alumnado aplicará os coñecementos teóricos, pero sobre todo prácticos na materia adquiridos ao longo de todo o curso.
|
20 |
SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA (opcional para o alumno).
Na avaliación final da proba teórica da convocatoria de xuño, terase en conta as calificacións obtidas polo alumnado a través da avaliación continua desenvolvida durante todo o cuatrimestre. A avaliación continua alcanzará o 20% da nota final teórica (do 80%) e consistirá na asistencia, participación e na realización e superación de 2 exames tipo test realizados durante o cuatrimestre en presencia do docente.
Na avaliación final da proba práctica da convocatoria de xuño, terase en conta as calificacións obtidas na avaliación continua desenvolvida durante o cuatrimestre. A avaliación continua alcanzará o 50 % da nota final práctica (do 20%) e consistirá na asistencia, participación e entrega de 2 casos prácticos realizados individualmente polo alumno/a.
Se o alumno/a non superase a materia na convocatoria de xuño, a nota da avaliación continua conservarase para a convocatoria de xullo. Porén, se non se supera a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o/a alumno/a tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.
SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL:
Proba única teórica e práctica tal e como se definen nos descriptores superiores.
|