Guia docente 2010_11
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito do Traballo I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Proba/examen final de respostas de desenvolvemento. Trátase dunha proba final, teórica e escrita sobre os contidos teóricos da materia que incluirá entre 5 e 7 preguntas sobre os distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá desenvolver, relacionar e presentar os coñecementos que ten a materia en respostas de extensión intermedia. 80
Estudo de casos/análises de situacións Resolución dun caso práctico prantexado. Proba de avaliación final consistente na resolución, por escrito dun suposto/caso práctico no que o alumnado aplicará os coñecementos teóricos, pero sobre todo prácticos na materia adquiridos ao longo de todo o curso. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA (opcional para o alumno).


Na avaliación final da proba teórica da convocatoria de xuño, terase en conta as calificacións obtidas polo alumnado a través da avaliación continua desenvolvida durante todo o cuatrimestre. A avaliación continua alcanzará o 20% da nota final teórica (do 80%) e consistirá na asistencia, participación e na realización e superación de 2 exames tipo test realizados durante o cuatrimestre en presencia do docente.   


Na avaliación final da proba práctica da convocatoria de xuño, terase en conta as calificacións obtidas na avaliación continua desenvolvida durante o cuatrimestre. A avaliación continua alcanzará o 50 % da nota final práctica (do 20%) e consistirá na asistencia, participación e entrega de 2 casos prácticos realizados individualmente polo alumno/a.


Se o alumno/a non superase a materia na convocatoria de xuño, a nota da avaliación continua conservarase para a convocatoria de xullo. Porén, se non se supera a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o/a alumno/a tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.   


 


SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL:


Proba única final teórica e práctica, tal e como aparece definida nos descriptores superiores. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000