Guia docente 2009_10
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Principios de economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Titoría en grupo A avaliación destas titorías conforma, xunto coa realización dos exercicios e traballos das clases prácticas, a chamada avaliación continua. Hasta el 30 de la nota final
Probas de resposta curta As notas obtidas nos dous exames (o parcial e máis o final) terán un peso na nota global do 70% Hasta el 70 de la nota final
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota final da materia constará de dous bloques. Por un lado, as probas escritas, que valerán ata un 70% da nota (7 puntos) e, doutra banda, a avaliación continua, que pesará ata un 30% na nota final (3 puntos).

Exames escritos (ata 7 puntos): haberá un exame parcial liberatorio da primeira metade da materia na semana 9-10 e un exame final que se realizará na data oficial establecida no calendario de exames. Os alumnos que superen o exame parcial só terán que examinarse no exame final da segunda parte do programa. Os alumnos que non superen o exame parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final.

Para poder aprobar a materia será requisito imprescindible obter, como mínimo, 3 puntos dos 7 posibles neste primeiro bloque.

Avaliación continua (ata 3 puntos): o 30% restante da nota obterase mediante a avaliación continua do alumno, o que inclúe a asistencia tanto ás clases teóricas como ás clases prácticas e aos seminarios, a entrega de follas de exercicios, a entrega de traballos e a nota dos pequenos controis que periodicamente se poidan facer.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000