Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Historia: Historia das relacións laborais no mundo contemporáneo
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentación ante o grupo do traballo realizado e participación nos debates posteriores. 20
Traballos tutelados Valoración do traballo en grupo proposto que debe ser entregado na plataforma TEMA no prazo estipulado 15
Prácticas en aulas de informática Asistencia e participación 5
Sesión maxistral Asistencia e participación 5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba escrita sobre os contidos expostos nas clases presenciais 50
Informes/memorias de prácticas Informe escrito de autoavaliación do traballo realizado 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para os alumnos/as que participaron nas clases presenciais e realizaron as probas prácticas durante o curso:


- Na primeira convocatoria (xaneiro) realizarán unha proba mixta de preguntas de resposta longa e curta. Esta proba escrita suporá o 50 % da cualificación final, e versará únicamente sobre os contidos expostos durante as sesións maxistrais.


- Na segunda convocatoria (xullo) os alumnos/as que o desexen, manterán a nota das probas prácticas, que suporá o 50 % da cualificación final. Ademais realizarán unha proba mixta de preguntas de resposta longa e curta. Esta proba escrita suporá o outro 50 % da nota final, e versara sobre todos os contidos recollidos no temario oficial, fosen traballados nas sesións maxistrais ou nas clases prácticas. 


Para os alumnos/as que non participaron nas clases presencias e non realizaron probas prácticas durante o curso:


- Deberán rendir unha proba mixta de preguntas de resposta longa e curta coa que poderán acadar o 100 % da cualificación. Os contidos a examinar incluirán a totalidade do temario oficial, fose ou non obxecto de exposición nas clases presenciais, tanto teóricas como prácticas. Isto obligará ao alumnado a extremar as súas competencias na aprendizaxe autónoma, na toma de decisións, no traballo individual ou en equipo e na capacidade de comunicación nas relacións interpersoais.


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000