Para os alumnos/as que participaron nas clases presenciais e realizaron as probas prácticas durante o curso:
- Na primeira convocatoria (xaneiro) realizarán unha proba mixta de preguntas de resposta longa e curta. Esta proba escrita suporá o 50 % da cualificación final, e versará únicamente sobre os contidos expostos durante as sesións maxistrais.
- Na segunda convocatoria (xullo) os alumnos/as que o desexen, manterán a nota das probas prácticas, que suporá o 50 % da cualificación final. Ademais realizarán unha proba mixta de preguntas de resposta longa e curta. Esta proba escrita suporá o outro 50 % da nota final, e versara sobre todos os contidos recollidos no temario oficial, fosen traballados nas sesións maxistrais ou nas clases prácticas.
Para os alumnos/as que non participaron nas clases presencias e non realizaron probas prácticas durante o curso:
- Deberán rendir unha proba mixta de preguntas de resposta longa e curta coa que poderán acadar o 80 % da cualificación. Os contidos a examinar incluirán a totalidade do temario oficial, fose ou non obxecto de exposición nas clases presenciais, tanto teóricas como prácticas. Isto obligará ao alumnado a extremar as súas competencias na aprendizaxe autónoma, na toma de decisións, no traballo individual ou en equipo e na capacidade de comunicación nas relacións interpersoais.
|