Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
  B2 Coñecer as distintas manifestacións do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
  B3 Ser capaz de utilizar os principios e valores constitucionais como ferramenta de traballo da interpretación do dereito e desenvolver dialéctica xurídica
  B4 Ser capaz de identificar problemas xurídicos e abordar a súa solución de modo interdisciplinar
Sinale C Código Habilidades
  C1 Coñecer a normativa legal de Dereito internacional privado, nacional, comunitaria e convencional, así como os problemas de aplicación das devanditas normas dado o carácter unitario do ordenamento xurídico.
  C2 Ser capaz de identificar problemas xurídicos de Dereito internacional privado e abordar a súa solución de modo interdisciplinar
  C3 Coñecer o concepto e fontes do Dereito Mercantil, así como o réxime xurídico do empresario individual e as sociedades mercantís
  C4 Saber interpretar e aplicar as normas mercantís relativas ao empresario individual e social
  C5 Coñecer a regulación dos títulos-valores e dos contratos mercantís
  C6 Saber interpretar e aplicar as normas relativas aos títulos valores e contratos mercantís
  C7 Reconstruír e avaliar argumentacións xurídicas complexas
  C8 Coñecer dende a Teoría do Dereito as principais institucións xurídicas, as funcións do Dereito, as características dun ordenamento xurídico: unidade, coherencia, integridade; os principios e valores constitucionais coa finalidade de poder aplicar estes coñecementos na resolución pacífica dos problemas dunha sociedade actual, utilizando a interpretación e argumentación xurídicas como consecuencia dun pensamento crítico, lóxico e creativo
  C9 Coñecer o marco normativo regulador das relacións laborais individuais e colectivas e de Seguridade Social
  C10 Ser capaz de identificar problemas xurídicos de Dereito do Traballo e da Seguridade Social e abordar a súa solución mediante o manexo e interpretación de fontes e doutrina xudicial
  C11 Coñecer a utilidade e o funcionamento das Xurisdicións Contencioso-administrativa e Social.
  C12 Adquirir unha formación básica que facilite no futuro o desenvolvemento profesional de actividades en ou ante órganos xudiciais das ordes Contencioso-administrativo e Social
  C13 Coñecer os principios de funcionamento que rexen nunha economía de mercado, comprender o comportamento dos distintos axentes económicos e coñecer os principais problemas económicos
  C14 Ser capaz de utilizar os principios e conceptos económicos como ferramenta para argumentar economicamente, identificar os problemas económicos e abordar a súa solución a través das políticas adecuadas a cada situación
  C15 Coñecer os principais problemas macroeconómicos, así como as distintas políticas e os seus efectos sobre o sistema económico, con especial atención ao estudo da política fiscal
  C16 Ser capaz de manexar e analizar información económica, a partir da cal desenvolver unha capacidade de diagnóstico e de deseño e implementación de políticas económicas
  C17 Coñecer o ordenamento xurídico romano, que é a base de todos os ordenamentos xurídicos europeos
  C18 Ser capaz de resolver calquera problema xurídico, teórico ou práctico, de Dereito privado
  C19 Coñecer de forma sistemática contidos propios da parte xeral do Dereito Administrativo manexando fontes positivas, xurisprudenciais e doctrinais
  C20 Ser capaces de entender correctamente os documentos que integran con carácter xeral un expediente administrativo e de actuar conforme a Dereito nun procedemento, tanto desde da posición da Administración como desde a das persoas e empresas interesadas
  C21 Coñecer de forma sistemática a nivel introductorio ou de detalle algúns contidos propios da parte especial do Dereito Administrativo, manexando fontes positivas, xurisprudenciais e doctrinais.
  C22 Ser capaces de entender correctamente os documentos que integran un expediente administrativo específico dos ámbitos materiais estudados, e de actuar conforme a Dereito nos correspondentes procedementos, tanto desde da posición da Administración como desde a da persoa interesada.
  C23 Ser capaces de entender correctamente os documentos que integran un expediente administrativo específico do ámbito material estudado e de actuar conforme a Dereito nos correspondentes procedementos, tanto desde da posición da Administración como desde a das persoas e empresas interesadas
  C24 Coñecer o modelo de distribución do poder financeiro en España, así como os ingresos públicos (en especial, os tributos: os seus elementos esenciais e os procedementos de aplicación) e as normas que rexen o gasto público.
  C25 Saber interpretar e aplicar as normas do ordenamento xurídico financeiro
  C26 Coñecer os principais impostos do sistema tributario estatal, autonómico e local
  C27 Ser capaz de identificar os elementos esenciais dos devanditos impostos (feito impoñible, suxeitos pasivos, etc), así como saber aplicar as súas regras de cuantificación e de determinación da débeda tributaria
  C28 Dominar as novas tecnoloxías aplicadas ao dereito
  C29 Ser capaz de manexar fontes xurídicas informatizadas
  C30 Coñecer a historia do Dereito español no seu conxunto, a través das distintas etapas históricas, especialmente as Fontes e as institucións político-administrativas de cada época e comprender a evolución do noso Dereito até a actualidade
  C31 Ser capaz de manexar, dominar e interpretar as principais fontes do Dereito histórico español.
  C32 Coñecer a organigrama xurisdiccional español e da U.E., a organización e funcións do persoal xurisdiccional e do persoal ao servizo da Administración de Xustiza, así como as institucións básicas do proceso civil e as súas modalidades procedimentais.
  C33 Ser capaz de identificar os problemas xurídicos-procesuais de carácter civil e abordar a súa solución mediante a interpretación e aplicación crítica da normativa procesual civil
  C34 Coñecer as institucións básicas do proceso penal e o funcionamento práctico do mesmo nas súas diversas modalidades procedimentais.
  C35 Ser capaz de identificar os problemas xurídicos-procesuais de carácter penal e abordar a súa solución mediante a interpretación e aplicación crítica da normativa procesual penal
  C36 Coñecer as particularidades dos procesos civís e penais especiais (ou con especialidades) previstos no noso ordenamento xurídico, así como o réxime xurídico dos métodos alternativos de solución de conflitos (MASC)
  C37 Ser capaz de identificar a canle procesual ou extraprocesal máis adecuado para a solución eficaz dos distintos tipos de conflitos, e de interpretar e aplicar correctamente o seu específico réxime xurídico
  C38 Coñecer a teoría constitucional e as normas constitucionais que fundamentan a organización do Estado Español, en especial a creación normativa e os diferentes órganos do Estado así como a súa composición, funcionamento e funcións
  C39 Saber interpretar e aplicar as normas constitucionais
  C40 Coñecer os Dereitos fundamentais recoñecidos na Constitución española así como os sistemas de garantías deses dereitos e as normas aplicables
  C41 Saber interpretar e aplicar as normas que regulan os dereitos fundamentais así como as súas garantías
  C42 Saber interpretar e aplicar a nova normatividade xerada polas devanditas transformacións
  C43 Coñecer o ordenamento xurídico internacional, identificar os seus problemas de aplicación e saber abordar a súa solución
  C44 Ser capaz de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico-internacional
  C45 Coñecer a estrutura organizativa e institucional da UE, así como o Ordenamento xurídico comunitario e as súas fontes e incidencia no ordenamento nacional así como as súas relacións co ordenamento xurídico internacional
  C46 Ser capaz de manexar e interpretar o ordenamento xurídico comunitario
  C47 Coñecer as normas civís relativas ao dereito de Obrigacións, á Teoría Xeral da Contratación e aos Contratos en particular, con referencia á responsabilidade civil contractual e extracontactual
  C48 Ser capaz de identificar problemas xurídicos de Dereito civil, abordando a súa solución mediante a procura, interpretación e aplicación da normativa civil aplicable ao suposto concreto
  C49 Coñecer as normas civís relativas aos Dereitos Reais en canto á súa adquisición, extinción e perda, cun específico estudo do dereito real de propiedade e dos dereitos reais limitados, xunto cos modos de publicidade dos devanditos Dereitos reais
  C50 Coñecer as normas civís relativas ao dereito de Familia con especial referencia ao matrimonio, as súas crises e ás institucións de custodia e garda de menores e incapacitados, así como ao dereito de sucesións desde a perspectiva do dereito común e do dereito territorial galego
  C51 Coñecer o concepto de Dereito penal, os criterios de aplicación temporal e espacial das normas penais, a Teoría Xeral do delito e as consecuencias xurídicas do delito
  C52 Saber interpretar e aplicar as normas de Dereito penal prestando especial atención ao seu desenvolvemento pola doutrina penal española e comparada
  C53 Coñecer as distintas figuras delituosas (delitos e faltas) contidas no Código Penal e nas leis penais especiais, o seu ámbito de aplicación e os criterios de interpretación legal, xurisprudencial e doctrinal
  C54 Ser capaz de identificar problemas de Dereito penal e de achegar solucións xuridicamente admisibles aos supostos prácticos, manexando adecuadamente as fontes, os principios e valores constitucionais, e a argumentación xurídica
  C55 Comprender os Estados Financeiros obrigatorios das empresas
  C56 Coñecementos básicos da normativa e a xurisprudencia vinculada ao dereito Penal relacionada coa actividade mercantil e empresarial, así como as consecuencias xurídicas previstas para as distintas condutas delituosas.
Sinale D Código Competencias
  D1 Capacidade de análise e síntese para a elaboración e defensa de argumentos, así como, organización, planificación e utilización do tempo ante situacións de presión.
  D2 Uso de linguas estranxeiras nas actividades das diferentes materias.
  D3 Capacidade para a toma de decisións de forma autónoma e independente de liderado e capacidade para o traballo cooperativo en equipo, como habilidades nas relacións interpersoais que favorezan a eficacia interpersoal.
  D4 Capacidade de comportarse de maneira ética e con responsabilidade social como cidadán e como profesional, respectando a diversidade e multiculturalidade.
  D5 Ser capaz de resolver problemas e interpretar datos derivados da realidade en relación co seu significado e relacionalos coas distintas ramas do ordenamento xurídico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000