Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito administrativo económico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 50 A1
A3
B1
B3
B4
C15
D1
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. 30 A3
A4
B3
B4
C15
C16
D2
D5
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 10 C15
C16
D1
D5
Traballos e proxectos O alumnado presentará o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática dun tema obxecto de estudo. Realizarase de maneira individual ou en grupo. 10 A1
A3
A4
B1
B3
B4
C15
D1
D2
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao comezo do curso o alumno poderá optar de forma expresa polo sistema de avaliación continua ou polo sistema de proba final formalizando a opción nun documento que lle entregará o profesor.

Primeira convocatoria de exame (maio): Os alumnos que opten polo sistema de avaliación continua, que supón a asistencia regular a clases tanto as correspondentes a sesións maxistrais como as de carácter práctico, a resolución de casos, a participación nas prácticas propostas polo profesor e na realización dun exame tipo test antes da finalización da materia, serán cualificados cunha porcentaxe do 30% nos casos prácticos, o 10% na avaliación tipo test, 10% na elaboración e exposición dun traballo individual ou colectivo e o 50% restante a nota da proba final. Para poder ter en conta as cualificacións obtidas durante o curso, os alumnos que opten por avaliación continua, en todo caso deberán aprobar a proba escrita final. En caso contrario, serán avaliados unicamente atendendo á cualificación obtida na proba final. Os alumnos que optasen pola proba final serán cualificados, única e exclusivamente, por dita proba de preguntas curtas a desenvolver (100% da nota). 

Segunda convocatoria de exame (xullo): Os alumnos do sistema de avaliación continua reservarase a cualificación da devandita avaliación (asistencia, casos e prácticas) e, por tanto, a proba final puntuarase co 50% da nota. A nota final obterase da suma da nota da avaliación continua do curso e a da nota da nova proba final. 

Convocatoria fin de carreira: O 100% da nota obterase da realización dunha proba final de preguntas curtas a desenvolver.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000