Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Réxime fiscal da empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios Resolución de supostos prácticos presentados na aula, análise de contidos específicos. 10 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C65
D1
D2
D3
D4
D5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 70 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C65
D1
D2
D3
D4
D5
Probas de tipo test Proba para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 10 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C65
D1
D2
D3
D4
D5
Outras Asistencia e participación activa nas sesións maxistrais e nos seminarios. Participación en actividades de exposición e debate propostas polo docente. 10 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C65
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O temario que figura no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que serán obxecto de exame.

Oportunamente, a comezo do curso académico, proporcionaráselle ao alumno un temario máis detallado cos epígrafes
que conforman cada lección. 


Primeira oportunidade de exame: 
1.- Os alumnos que se someten a avaliación continua serán avaliados conforme aos criterios que se indicaron máis arriba:
proba final (70%), probas de resposta curta ou test (10%), participación e asistencia ás clases maxistrais e
seminarios (10%) e actividades de exposición e debate (10%). Na proba final, o exame de teoría e oral suporá o 80% e o práctico, por escrito, suporá un 20%.
En todo caso, o alumno deberá alcanzar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba final para que se lle teñan en conta
as cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua. 
2.- Os alumnos que NON se someten a avaliación continua, ou que queden excluídos do devandito sistema: a súa cualificación estará
integrada polo 80% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 20% da cualificación obtida no exame
práctico escrito, sendo este último diferente ao que realicen os alumnos de avaliación continua. 

Segunda oportunidade de exame: 
1.- No exame de xullo só se realizará unha proba final, que constará de dous partes: unha práctica escrita (na que se resolverán
un ou varios casos prácticos) e unha teórica oral (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da
materia). 
2.- Os alumnos que se someteron ao sistema de avaliación continua conservarán a nota que obtivesen
no curso. 
3.- Para os alumnos que non se someten a avaliación continua, ou que queden excluídos do devandito
sistema: a súa cualificación estará integrada polo 80% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 20% da
cualificación obtida no exame práctico escrito, sendo este último diferente ao que realicen os alumnos de avaliación
continua. 
4.- Aos alumnos que se someteron ao sistema de avaliación continua e non superasen a proba final nin
na primeira oportunidade de exame nin na segunda conservaráselles a nota obtida a través de devandito sistema durante
o curso académico seguinte, sempre que o alumno manifeste o seu acordo.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA 
O exame da convocatoria de Fin de carreira será unha proba teórico-práctica escrita,
cuxa cualificación será o 100% da nota. A cualificación estará integrada polo 80% da cualificación obtida no
exame teórico e o 20% da cualificación obtida no exame práctico. Non se terá en conta en ningún caso a
avaliación continua do ano anterior.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000