Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Tutela procesual do crédito
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta
Ao longo do cuatrimestre realizaranse nas datas indicadas na planificación docente 2 probas de resposta curta de carácter eliminatorio.
50 A3
A5
B1
B2
B3
B4
C69
C70
D1
Resolución de problemas e/ou exercicios Na data indicada na planificación docente realizarase unha proba de carácter práctico consistente no estudo dun caso. 40 A2
A3
A4
A5
B2
B3
B4
C69
C70
D1
D3
D4
D5
Outras Exposición por parte do alumnado ante o docente e os demais estudantes dun tema sobre os contidos da materia. Levarase a cabo durante os seminarios, de xeito individual ou en grupo. 10 A2
A3
A4
A5
B4
C69
C70
D1
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na materia Tutela Procesal do Crédito seguiranse dous sistemas de avaliación, tanto na primeira convocatoria (maio/xuño) como na segunda (xullo): avaliación continua ou exame final
1º.- AVALIACIÓN CONTINUA. O sistema de avaliación continua consistirá en:
a) 2 probas teóricas de resposta curta de carácter eliminatorio, que se realizarán nas datas indicadas na planificación docente que se proporcionará aos alumnos ao comezo de curso; a nota media obtida nestas probas representará o 50% da cualificación final.
b) 1 proba práctica escrita, que se realizará na data fixada no calendario oficial de exames e que, xunto coa exposición e debate realizada polo alumno nos seminarios, representará o 50% da cualificación final.
Para poder superar a materia, é necesario obter nesta proba práctica polo menos un 4 sobre 10.
Notas importantes:
a) Para ser evaluado conforme ao sistema de avaliación continua, o/a alumno/a deberá realizar a proba práctica escrita e, polo menos, unha das probas teóricas de resposta curta. b) Os/as alumnos/as que sigan o sistema de avaliación continua e que non superen a materia na primeira convocatoria (maio/xuño), de face á segunda convocatoria (xullo) poderán optar por:
- Que se lles manteña a cualificación obtida nas probas de resposta curta e na proba práctica realizadas durante o curso, nese caso o exame consistiría nunha proba teórica escrita sobre toda a materia. En tal caso, a nota media das probas de resposta curta e da proba práctica representaría o 50% da nota final, e a proba teórica escrita, o outro 50%.
- Facer un exame final nos términos que se indican a continuación.
2º.- EXAME FINAL. Os/as alumnos que decidan non seguir o sistema de avaliación continua ou que non realicen as actividades necesarias para ser evaludados conforme a este sistema, serán evaluados cun exame final, que se realizará na data fixada no calendario oficial de exames e que constará de:
a) Unha proba práctica escrita consistente no estudo dun caso. Esta proba práctica representará o 30% da cualificación final.
b) Unha proba teórica escrita sobre toda a materia, que representará o 70% da cualificación final.
Nota importante: para poder superar a materia a través do exame final, o/a alumno/a terá que superar as dúas partes do exame. É dicir, na proba práctica, terá que obter polo menos un 1,5 sobre 3; e, na proba teórica, un 3,5 sobre 7.
3º.- CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA.
Na convocatoria de fin de carreira, os/as alumnos/as serán evaluados mediante un exame final nos términos expostos anteriormente, que supoñerá o 100% da cualificación final.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2016-17
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000