Recoméndase ao alumnado que lea o material previamente ás sesións para axilizar e orientar máis eficientemente o proceso de ensino-aprendizaxe durante as sesións tanto teóricas como prácticas.
Tanto o material para o seguimento das sesións teóricas como os enunciados para as sesións prácticas estarán dispoñibles na plataforma FAITIC.
Os alumnos deberán manter actualizados os seus datos de contacto na devandita plataforma, posto que os docentes usarana para comunicacións puntuais. Ademais, é necesario subir alí unha foto tipo carné para evitar a entrega de fichas en formato papel.
O horario de tutorías tamén estará dispoñible e actualizado na plataforma FAITIC.
--------------------*x---------------------------------------------
A data de elaboración desta guía (11/06/2015) o profesorado desta materia estará formado polos seguintes profesores:
Miguel González Loureiro (coordinador)
Santos Pérez Pereira
María del Carmen Gil Pereiras |