Probas de tipo test |
Proba de avaliación escrita con preguntas tipo test |
70 |
|
|
C13 C14
|
|
Avaliación: haberá
dous sistemas, avaliación continua (EC) e non continua (ENC). EC: Para
poder optar por EC é necesario acudir a un mínimo de 9 das 12 sesións
prácticas programadas. En caso de non asistir a algunha, é necesario realizar
e entregar as prácticas ás que non se asistiu, mediante a utilidade de entrega
de exercicios en FAITIC. O prazo límite para a dita entrega será o
domingo ao final da semana en curso na que a práctica se imparta no seu grupo. As
prácticas atrasadas serán penalizadas na avaliación. A parte práctica
ponderará o 30%. A parte teórica será avaliada mediante un exame tipo test
que ponderará un 70% na nota final. É condición imprescindible superar cada parte por separado
(isto é, obter un mínimo de 5 sobre 10) para poder realizar a nota
media ponderada final. No caso de que non se supere a parte teórica ou práctica, a nota
no expediente figurará como a nota mínima destas dúas: un 4,5 ou a nota
ponderada de ambas as partes. Se a avaliación da parte práctica non é positiva, requirirase ao alumno a realizar unha pequena proba escrita de carácter práctico na data oficial do exame. En seguintes convocatorias do mesmo curso, gardarase
a parte aprobada coa nota correspondente. Os alumnos de cursos
pasados deberán consultar cos docentes do curso vixente calquera outra
circunstancia. ENC: Aqueles alumnos
que non reúnan as condicións para a EC, terán dereito a ser
avaliados sobre o 100% da nota final. Neste caso, o día da
convocatoria oficial realizarán un exame tipo test que ponderará o 70% da
nota final e un exame da parte práctica que ponderará o 30%. O exame da
parte práctica consistirá en varios exercicios similares aos realizados nas
sesións prácticas programadas. Será condición imprescindible superar cada parte por separado
(isto é, obter un mínimo de 5 sobre 10) para poder realizar a nota
media ponderada final. No caso de que non se supere unha das partes, a
nota no expediente figurará como a nota mínima destas dúas: un 4,5 ou a
nota ponderada de ambas as partes. En seguintes convocatorias do mesmo curso
deberán volver presentarse ao exame de ambas as partes, independentemente de convocatorias
anteriores, rexendo a regra anterior sobre a necesidade de superar
ambas as partes por separado e a regra da nota final. Os alumnos de cursos
pasados deberán consultar cos docentes do curso vixente calquera outra
circunstancia. |