Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito do traballo e da seguridade social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Durante o cuatrimestre se realizarán 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 15% da nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do examen final. As datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da materia. Para acceder aos exames tipo test faise necesario participar activamente nas clases teóricas e prácticas. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase dunha proba/examen práctico consistente na resolución, por escrito, dun suposto/caso práctico no que o alumnado aplicará os coñecementos prácticos adquiridos durante o cuatrimestre. A cualificación obtida nesta suporá o 30 % da nota final. Para o caso das persoas que accedan ao exame por avaliación continua ponderarase un 33 por 100 da calificación polos casos prácticos entregados. 30 A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase dunha proba teórica e escrita, que incluirá entre 4 e 7 preguntas de desenvolvemento -breve ou medio- sobre os distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 40 % da nota final. Para os que accedan por avaliación continua, un 12,5 por 100 da calificación ponderarase pola participación activa en clase.
En todo caso, para que a cualificación obtida na participación en clase, entrega de prácticas e probas tipo test poida sumarse á cualificación obtida na proba de resposta longa e na proba práctica final, deberá alcanzarse unha nota media de 4,0 nestas dúas últimas probas. De non ser así, a cualificación obtida na avaliación continua non se terá en conta, poidendo conservarse para a convocatoria de xullo, na que se aplicará a mesma regla.
40 B1
B3
B4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA ORDINARIA DECEMBRO/XANEIRO (sistema de avaliación
continua/sistema de avaliación final) 

a) Avaliación continua. Ao comenzo do
curso, o alumnado deberá manifestar a súa vontade de someterse ao sistema de
avaliación continua. Para poder optar por este sistema, deberá acreditar
asistencia ao 80 % das clases teóricas e prácticas. En caso contrario, sempre
poderá acollerse ao sistema de avaliación final. 

b) Avaliación final. Os alumnos
que non se acollan ao sistema de avaliación continua, serán avaliados nun
exame final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e práctico,
sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final (a
parte teórica representará un 60 por 100 da nota, e a parte práctica un 40 por
100). 

CONVOCATORIA ORDINARIA DO MES DE XULLO: Se o/a alumno/a non superase a
materia na convocatoria ordinaria do mes de decembro, a nota obtida na avaliación
continua desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes
de xullo. Porén, se non superase a materia nas dúas citadas convocatorias do
curso académico, o/a alumno/a tería que someterse un novo proceso de avaliación
continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.

CONVOCATORIA
FIN DE CARREIRA Na convocatoria FIN DE CARREIRA o alumno será avaliado nun
único examen escrito, de carácter teórico e práctico, que representará o 100
por 100 da nota final (a parte teórica representará un 60 por 100 da nota, e a
parte práctica un 40 por 100). As datas de exame son aprobadas pola Xunta da
Facultade e publicadas na web da Faculta

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000