Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito administrativo II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios Valorarase a asistencia activa do estudante, é dicir, a asistencia e a participación na resolución dos casos e nas diversas cuestións que se expoñan no seminario. 10 A2
C20
C21
Probas de tipo test Os alumnos realizarán ao longo do cuadrimestre dous probas tipo test. Cada pregunta terá catro respostas posibles das que só unha será correcta. 20 C21
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os alumnos realizarán un exame teórico/práctico sobre os contidos da materia abordados nas sesións maxistrais e/ou nas clases prácticas. 70 A2
C20
C21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As cualificacións obtidas nos seminarios e as probas tipo test manterase na segunda convocatoria do curso académico.

Para
aprobar a materia é preciso obter un mínimo dun 5 entre o exame final e
a avaliación continua. A cualificación máxima que pode obterse no exame
final será de 7, sumándose á puntuación obtida no devandito exame a que
correspondese na avaliación continua. Para que esta suma teña lugar
será requisito imprescindible obter un mínimo de 3,5 sobre 7 no exame
final.

Os alumnos que non sigan a avaliación continua ou aqueles que faltasen a máis dun 15 por cento das sesionespresenciales
terán dereito a un exame final teórico-práctico sobre o 100%, distinto
do anterior, no que se avalíe a adquisición de todas as competencias
globais da materia.

Convocatoria extraordinaria fin de carreira:
a) Tipo de exame: Os/ás estudantes realizarán un exame teórico-práctico
sobre a totalidade dos contidos da materia; b) Sistema de avaliación: O
100% da cualificación virá determinada polo resultado do exame
teórico-práctico.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias as especificadas no calendario aprobado pola Xunta de Facultad.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000