|
Para participar na avaliación continua será requisito indispensable que o alumnado cubra todos os seus datos e suba una fotografía do rostro recoñecible tamaño carné na plataforma MOOVI antes de que conclúa o mes de febreiro. Transcorrido dito prazo non se admitirán cambios sobre a decisión de seguir ou non a avaliación continua. Para avaliar a participación activa do alumnado é necesaria a asistencia a un mínimo do 85% das clases TEÓRICAS e PRÁCTICAS. Para este único fin, farase un seguimento diario da asistencia. A presenza física en clase non é mérito algún (a mera asistencia contrólase, pero non se valora). En consecuencia, asistir a clase por si só NON SE VALORA. O que si valórase na avaliación continua é a asistencia activa de calidade (asistencia + participación). A cualificación obtida na avaliación continua manterase na segunda convocatoria do curso académico. Para superar a materia é preciso obter un aprobado entre o exame final, as probas de preguntas obxectivas e a avaliación continua. A cualificación máxima que pode obterse no exame final de preguntas de desenvolvemento será de 4, sumándose á puntuación obtida no devandito exame á que correspondese na avaliación continua e a das probas de preguntas obxectivas. IMPORTANTE: Para que esta suma teña lugar será requisito imprescindible APROBAR o exame final. En todas as convocatorias o exame final poderá consistir en probas prácticas (resolución de casos prácticos), e/ou probas de resposta curta, e/ou exame oral. Todo este tipo de probas serán de resposta mais ben curta, pero poderá consistir tamén, no seu caso, no desenvolvemento da explicación dunha materia de forma pormenorizada. O que non se pedirá ao alumnado é o desenvolvemento total e meramente teórico dos contidos dun tema completo do programa. Por acordo da Xunta de Facultade, o alumnado que non siga a avaliación continua ou que falte a máis dun 15 % das sesións presenciais (teóricas ou prácticas) terá dereito a realizar un exame final teórico-práctico para completar o 100% da nota no que se avaliará a adquisición de todas as competencias globais da materia. Convocatoria extraordinaria fin de carreira: a) Tipo de exame: os/as estudantes realizarán un exame teórico-práctico sobre a totalidade dos contidos da materia; b) Sistema de avaliación: o 100% da cualificación virá determinado polo resultado do exame teórico-práctico. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade e publicadas na Web: http://cienciasxuridicasedotraballo.webs.uvigo.es Non está permitido levar ao exame ningún dispositivo electrónico. O sistema de avaliación descrito aplicarase no PCEO. |