A impartición e avaliación desta materia é responsabilidade de dúas áreas de coñecemento a área de Dereito Constitucional e a área de Dereito Internacional Público -A área de Dereito Internacional impartirá as leccións 1-2; 5-6; 11-13.. Estas leccións impartiranse na primeira semana do primer cuatrimestre e partir da terceira semana do primer cuatrimestre. -A área de Dereito Constitucional impartirá o resto do temario, é dicir, leccións 3-4; 7-10 e 14.Estas leccións impartiranse na segunda semana do premeiro cuatrimestre e continuará na segunda metade do primeiro cuatrimestre En canto á avaliación final, cada unha das áreas de coñecemento que participan na materia ten un peso proporcional á súa carga docente: Dereito Internacional 50% e Dereito Constitucional 50%. Cada área, á hora de determinar a súa nota, farao seguindo os criterios establecidos na metodoloxía, é dicir, 80% exame ; 20% traballos de aula. En relación á proba ou exame final escrito,esta proba constará de dous partes, unha por cada Área de coñecemento. Cada parte farase en follas independentes, para que cada profesor poida corrixir o seu parte.Para superar a materia é necesario obter un mínimo do 50% en cada parte. Os alumnos que non se sometan á avaliación continua, a proba a realizar constará de dous partes: a realización dunha proba escrita con cuestións de desenvolvemento así como a resolución dun caso práctico, exame que, en todo caso, representará o 100% da cualificación |