Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito internacional público
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Se a cantidade de alumnado matriculado e as circunstancias sanitarias o esixen, impartirase docencia mixta, a través das Aulas Integra, con rotación do alumnado presente nas aulas.
Se é necesario pasar á modalidade de docencia non presencial, a docencia tanto teórica como práctica será impartida de forma telemática a través do Campus Remoto.
Os recursos bibliográficos recollidos na guía e os materiais proporcionados polo profesorado son máis que suficientes para facilitar a autoaprendizaxe.
En todas as modalidades de ensino, as sesións de titorías pódense levar a cabo electronicamente mediante acordo previo.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Se é necesario pasar á modalidade de docencia non presencial, o exame teórico final con preguntas de desenvolvemento substituirase por un exame tipo test a través de moodle. Todas as probas manterán a mesma ponderación que no caso da docencia presencial e mixta.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000