Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penal I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA
Haberá tres probas parciais tipo test puntuadas de 0 a 10 puntos cada unha
delas.
Cada unha das tres probas comprenderá a parte do temario que
respectivamente se indique ao inicio do cuastrimestre no cronograma da
materia.
As dúas primeiras probas celebraranse ao longo do curso, en horario de
clase maxistral. A terceira proba celebrarase na data oficial de exame
segundo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade para o curso
2015-2016.
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos de nota
media entre as tres probas.
SISTEMA DE EXAME FINAL
Para quen non opte polo sistema de avaliación conitnua, a avaliación da
materia consistirá nun único exame final tipo test que comprenderá a
totalidade do temario e que constitúe o 100% da calificación da materia.
O exame final celebrarase na data oficial de exame segundo o calendario
aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015-2016.
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos no exame
final.
RESULTADOS DE APRENDIZAXE
Coñecer as distintas figuras delictivas contidas no Código Penal e nas leis
penais especiais, o seu ámbito de aplicación e os criterios de interpretación
legal, xurisprudencial e doutrinal. Ser capaz de identificar problemas de
Dereito penal e de aportar solucións xurídicamente admisibles aos supostos
prácticos, manexando axeidtadamente as fontes, os principios e valores
constitucionais e a argumentación xurídica.
100 A2
A3
A5
B1
B3
B4
C51
C52
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE (MAIO 2016)
a) SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUAÂ
Haberá tres probas parciais de tipo test puntuadas de 0 a 10 puntos cada unha delas.Â
Cada unha das tres probas comprenderá a parte do temario que respectivamente se indique ao inicio do cuatrimestre no
cronograma da materia.
As dúas primeiras probas celebraranse ao longo do curso, en horario de clase maxistral. A terceira proba celebrarase na
data oficial de exame segundo o calendario aprobado porla Xunta de Facultade para o curso 2015-2016.
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos de nota media entre as tres probas.
O/a alumno/a que acuda á primerira proba parcial e manifeste así o seu interese por acollerse ao sistema de avaliación
continua, será avaliado/a nesta oportunidade consonte aos criterios previamente establecidos (puntuación media das tres
probas parciais) e non terá dereito a ser avaliado/a nesta oportunidade consonte a un exame final que constitúa o 100% da
calificación da materia.
Polo tanto, realizada a primeira proba parcial, non é posible renunciar ao sistema de avaliación continua. Se, realizada a
primeira proba parcial a alumna ou o alumno non se presentase á seguinte ou seguintes, a calificación destas será de 0
puntos, que fará/n media coa nota da primeira.
b) SISTEMA DE EXAME FINAL
Para quen non opte polo sistema de avaliación continua, a avaliación da materia consistirá nun único exame final tipo test
que comprenderá a totalidade de temario e que constitúe o 100% da calificación da materia.
O exame final celebrarase na data oficial de exame segundo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade para o curso
2015-2016.
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos no exame final.
2. SEGUNDA OPORTUNIDADE (xullo 2016)
Consistirá para todos/as os/as alumnos/as nun único exame final tipo test que comprenderá a totalidade do temario e que constitúe o 100% da calificación da materia.
O exame final celebrarase na data oficial de exame segundo o calendario aprobado porla Xunta de Facultade para o curso
2015-2016.
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos no exame final.
3. CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA
Para aqueles/as alumnos/as que se matriculen na convocatoria de fin de carreira, o exame consisitirá nunha proba tipo test
que comprenderá a totalidade do temario e que constitúe o 100% da calificación da materia.
O exame final celebrarase na data oficial de exame segundo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade para o curso
2015-2016.
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos no exame final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000