Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito civil I. Obrigas e contratos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para a avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 70 C47
C48
D1
Estudo de casos/análise de situacións Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc. 20 C47
C48
D1
D3
D5
Traballos e proxectos Resumos e/ou cronogramas e/ou exposicións e debates grupais. 10 C47
D1
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Enténdese como regra xeral que os alumnos optan polo sistema de avaliación continua coas porcentaxes xa indicadas. O alumno deberá obter para poder compensar unha parte coa outra, un 3 sobre 10 nos casos e un 4 sobre 10 na proba de contidos. O alumno que desexe abandonar a avaliación continua, deberá comunicalo ao profesor ata os 60 días seguintes ao comezo das clases da materia.

O alumno que non se acolla á avaliación continua por deixala ou por non poder asistir poderá facer unha proba final na que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, iguais preguntas de resposta longa incrementadas nunha respecto daqueles que optasen pola avaliación continua e, ademais, un caso. A cualificación final deste exame será do 100 % coas porcentaxes xa indicadas, é dicir, 70% o exame teórico e 30% o práctico. Deberá obter para poder compensar unha parte con outra, un 3 sobre 10 nos casos e un 4 sobre 10 na proba de contidos.

No mesmo curso gardaranse as notas de avaliación continua dunha convocatoria para outra (xaneiro e xullo).

O sistema de avaliación na segunda convocatoria (xullo), será igual que en primeira tanto para quen sigan a avaliación continua como para aqueles que non.

Convocatoria fin de Carreira:O alumno fará unha proba final na que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, iguais preguntas de resposta longa incrementadas nunha respecto daqueles que optasen pola avaliación continua e, ademais, un caso. A cualificación final deste exame será do 100 % coas porcentaxes xa indicadas, é dicir, 70% o exame teórico e 30% o práctico. Deberá obter para poder compensar unha parte con outra, un 3 sobre 10 nos casos e un 4 sobre 10 na proba de contidos.

As datas e horarios das probas publícanse na web da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo no calendario de probas de avaliación aprobadas pola Xunta da Facultade.Esta materia no PCEO Grado en Administración e Dirección de Empresas-Grado en Dereito se imparte no 2º cuatrimestre do 2º curso e o profesorado responsable está integrado polas profesoras Dña Teresa Estévez Abeleira e Doña Lydia Noriega Díaz.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000