Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito civil I. Obrigas e contratos
   Competencias
Código Descrición
C47 Coñecer as normas civís relativas ao dereito de Obrigacións, á Teoría Xeral da Contratación e aos Contratos en particular, con referencia á responsabilidade civil contractual e extracontactual
C48 Ser capaz de identificar problemas xurídicos de Dereito civil, abordando a súa solución mediante a procura, interpretación e aplicación da normativa civil aplicable ao suposto concreto
D1 Capacidade de análise e síntese para a elaboración e defensa de argumentos, así como, organización, planificación e utilización do tempo ante situacións de presión.
D3 Capacidade para a toma de decisións de forma autónoma e independente de liderado e capacidade para o traballo cooperativo en equipo, como habilidades nas relacións interpersoais que favorezan a eficacia interpersoal.
D5 Ser capaz de resolver problemas e interpretar datos derivados da realidade en relación co seu significado e relacionalos coas distintas ramas do ordenamento xurídico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000