AVALIACIÓN. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2016-2017. Sempre será condición imprescindible para contabilizar a avaliación
continua obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba de desenvolvemento de resposta/s
longa/s. PRIMEIRA CONVOCATORIA: A avaliación continua supón un 30 % sobre o total da cualificación
final e o exame suporá o 70 % restante. O exame consistirá nunha proba de desenvolvemento
de pregunta/s sobre o contido da materia. Aqueles alumnos que, por circunstancias excepcionais persoais ou
profesionais, non poidan participar de maneira presencial nalgunha/s da/s sesión/s é práctica/s no desenvolvemento do curso poderán, a xuízo do profesor,
presentar un traballo acorde á/s práctica/s correspondente/s. Aqueles alumnos que non sigan durante o curso o sistema de avaliación
continua ou que non o superaron terán dereito a un exame final que
implicará o desenvolvemento por escrito de pregunta/s longa/s do
programa que suporá o 70% da nota (deberán obter nesta parte polo menos un mínimo de 5 puntos sobre 10), e a realización dun
suposto práctico que suporá o 30% da cualificación restante. NA SEGUNDA CONVOCATORIA: a) A os alumnos que, superando a avaliación continua non alcanzasen
un cinco no exame de preguntas de desenvolvemento na primeira
convocatoria, conservaráselles a nota da evaluación continua e realizaráselles un exame
similar ao da primeira convocatoria. b) Os alumnos que non sigan no desenvolvemento do curso a avaliación
continua ou que non a superaron, terán dereito a un exame final que
constará de dous partes: unha teórica de pregunta/s de desenvolvemento sobre o
contido do programa que suporá o 70 % da nota (deberán obter nesta parte polo menos un mínimo de 5 puntos sobre 10) así como a realización dun suposto práctico que suporá o 30% da cualificación restante. CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: A avaliación farase mediante un exame final que constará de dous partes: unha teórica, de pregunta/s de desenvolvemento sobre o contido do programa que suporá o 70 % da nota (deberán obter nesta parte polo menos un mínimo de 5 puntos sobre 10), e por outra banda a realización dun suposto práctico que suporá o 30% da cualificación restante. NOTA:No caso de superar a avaliación continua
pero non aprobar a materia, conservarase para o seguinte curso académico a nota da avaliación continua obtida no ano anterior se se comunica ao profesor o seu desexo de conservarla. |