Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Derecho: Derecho constitucional II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios
Avaliaranse as análises dos feitos, problemas ou sucesos reais, e a capacidade de coñecelos, interpretalos, resolvelos e a capacidade de reflexionar sobre eles. Avaliación continua nas horas prácticas.
20
Traballos tutelados
<br>Avaliaranse a e laboración de traballos tutelados sobre algún contido do programa
10
Presentacións/exposicións Avaliaranse a Exposición e o debate dos traballos tutelados 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento avalidación final que implicará o desenvolvemento por escrito de dúas preguntas longas que se inluirán no programa 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

De acordo co aprobado na xunta de Facultade do pasado 23 de xuño de 2014, e salvo modificacións que poidan introducirse por aprobación en novas Xuntas de Facultade, as datas das probas de avaliación final serán as seguintes:

Convocatoria fin de carreira: 20 de outubro de 2014 ás 15.00 horas

Convocatoria do 2º período: 20 de maio de 2015 ás 16,00 Horas

Convocatoria Xullo: 15 de xullo ás 15.30 horas

Será condición imprescindible para contabilizar a avaliación continua obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba de resposta longa

Aqueles alumnos que, por circunstancias persoais ou profesionais, non poidan participar de maneira presencial o continua no desenvolvemento do curso poderán presentar por escrito os diferentes traballos realizados ao mesmo tempo que os asistentes. Isto suporalles un 40% da avaliación final e a proba de resposta longa o outro 60% da avaliación final.

Aqueles alumnos que non poidan participar no desenvolvemento do curso de maneira presencial terán unha avaliación final que implicará o desenvolvemento por escrito de dúas preguntas longas do programa e suporán o 80% da avaliación e una pregunta práctica que suporá o 20% da avalidación.

Tanto estes últimos alumnos como os anteriores gozarán de atención personalizada nas titorías individualizadas (previa cita) cando así o desexen.

Na segunda convocatoria diferenciaranse as seguintes modalidades:

a) Para os alumnos presenciais: terán que ser avaliados daquela parte da programación docente que non superasen durante o curso.

b) Para aqueles alumnos que participan, aínda que non o fan de maneira presencial na súa totalidade: terán que superar aquela parte da programación docente que non superasen.

c) Para aqueles alumnos que se presentasen unicamente a unha avaliación final e non a superasen: deberán repetir esa mesma modalidade de avaliación na súa totalidade.

Convocatoria fin de carrera

A avaliación constará de dúas preguntas de resposta longa e o desenvolvemento dun caso práctico. Cada unha das preguntas de resposta longa valerán un 40% da nota final; o desenvolvemento dun caso práctico valerá o 20% da nota final

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000