Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Principios de economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Titoría en grupo Probas avaliables escritas realizadas individualmente, onde se valorará tanto a adquisición de coñecementos teóricos e prácticos como a capacidade de síntese, expresión e comunicación dos devanditos coñecementos. 20 A2
A3
A4
C13
C14
D1
D3
Probas de tipo test Probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 80 A2
A3
A4
C13
C14
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A forma xeral de avaliación será a especificada anteriormente. Excepcionalmente, e só baixo autorización expresa do profesor a comezo do curso, será posible a avaliación do 100% da materia a través dun exame escrito. Este exame será de contido, profundidade e nivel de esixencia distinto ao correspondente á modalidade de avaliación continua.

A nota da avaliación continua mantense para a convocatoria de xullo, pero non para o curso seguinte.

Na convocatoria de fin de carreira a avaliación farase unicamente en función do exame.

As datas e horas das probas finais correspondentes ás convocatorias de maio e xullo serán as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015-2016.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000