Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Informática: Novas tecnoloxías aplicadas ao dereito
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de autoavaliación Realizaranse, a través da plataforma Faitic, cuestionarios de autoavaliación para validar a adquisición de competencias por parte do alumno.
Realizarase un cuestionario ao finalizar cada un dos temas de teoría e para determinadas sesións de resolución de problemas e exercicios.
25
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase un exame de respostas curtas, opción múltiple e/ou relacionar.
10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento A avaliación de certas actividades realizarase por parte do profesor utilizando unha rúbrica. 48
Probas de resposta curta A avaliación de certas actividades realizarana os propios alumnos en base a uns criterios definidos previamente (avaliación por pares). 17
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame Final único, para aqueles alumnos que renuncien ao sistema de evaliación continua. 0 ó 100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia divídese en dúas partes: teoría e práctica.

A nota final obterase aplicando a seguinte fórmula:

Nota teoría x 20% + nota práctica x 80%

Sendo necesario, para poder aplicar esta fórmula, obter unha cualificación mínima de 4 en cada unha das partes. Para superar a materia o alumno debe obter, como nota final, unha cualificación igual ou superior a 5.

A parte práctica divídese en seis bloques: procesador de textos avanzado (15%), folla de cálculo (15%), bases de datos xurídicas (15%), ofimática en liña (10%), blogs (15%) e Otras ferramentas Web.2.0 (10%). Para superar a parte práctica será necesario obter unha puntuación mínima de 4 en cada un destes bloques.

Avaliación

O alumno poderá elixir o sistema de avaliación que desexa se lle aplique na materia. Para iso debe optar, nos primeiros 15 días do cuadrimestre, entre avaliación continua (probas e actividades desenvolvidas ao longo do cuadrimestre) ou Exame Final único (100% da nota final). O examen final celebrarase na data oficial, e acudirán a él únicamente aqueles alumnos que optaran por este sistema de avaliación.

A firma deste contrato de avaliación é obrigatoria para todo o alumnado.

Na segunda oportunidade (Xullo) realizarase unha proba final que englobará todo o contido impartido ao longo do cuadrimestre. A esta proba final, os alumnos que optaron por avaliación continua, só acudirán con aqueles bloques que tivesen suspendido.

Na convocatoria de Fin de Carreira realizarase unha proba final que englobará todo o contido impartido visto ao longo do cuadrimestre.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas da avaliacion aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2014-15. Estas datas son:

  •     Convocatoria de Fin de carreira, 14 de outubro ás 9:00.
  •     Convocatoria Xaneiro, 16 de xaneiro de 2015 ás 10:00.
  •     Convocatoria Maio (Plan vello) de 2015, 29 de maio ás 10:00.
  •     Convocatoria Xullo, 6 de Xullo de 2015 ás 10:00.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000