Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Sinale B Código Coñecementos
Sinale C Código Habilidades
  C1 Coñecer as principais institucións xurídicas
  C2 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais
  C3 Comprender o carácter unitario do ordenamento xurídico
  C4 Coñecer os principios e valores constitucionais
  C5 Apreciar a diversidade e a multiculturalidade
  C6 Coñecer as distintas manifestacións do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
  C7 Coñecer as estruturas sociopolíticas do ámbito nacional e internacional
  C8 Ser quen de argumentar xuridicamente
  C9 Ser quen de utilizar os principios e valores constitucionais como ferramenta de traballo da interpretación do dereito e desenvolver dialéctica xurídica
  C10 Ser quen de aprehender sistematicamente o ordenamento xurídico
  C11 Ser quen de identificar problemas xurídicos e abordar a súa solución de modo interdisciplinar
  C12 Ser quen de manexar fontes xurídicas
  C13 Ser quen de interpretar e analizar criticamente o ordenamento xurídico
  C14 Ser quen de comprender e de redactar documentos xurídicos
  C15 Ser quen de manexar a oratoria xurídica
  C16 Ser quen de dominar as novas tecnoloxías aplicadas ao dereito
  C17 Ser quen de elaborar normas
  C18 Ser quen de negociar e mediar
Sinale D Código Competencias
  D1 Capacidade de síntese e análise
  D2 Capacidade de aprender
  D3 Capacidade de xestión da información
  D4 Capacidade de adaptarse a novas situacións
  D5 Capacidade para organizar e planificar
  D6 Resolver problemas de forma eficaz
  D7 Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo
  D8 Traballar de forma autónoma con iniciativa
  D9 Traballar de forma cooperativa
  D10 Preocupación pola calidade
  D11 Comportarse de forma ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
  D12 Comunicarse de xeito efectivo nun entorno de traballo (habilidades nas relacións interpersoais)
  D13 Traballar desde unha perspectiva comparada, manexando información comparada
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000