Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos e proxectos 100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Celebrado o acto
de presentación pública do TFG, o Tribunal avaliador deliberará sobre a cualificación
tomando en consideración o informe emitido polo titor académico, a calidade do
contido do TFG, así como a propia exposición, en particular, a claridade
expositiva e a capacidade de debate e defensa argumental do alumno/a. Na
avaliación aplicaranse os seguintes criterios:

 






1.- Informes dos titores: Ata 3 puntos


2.- Calidade do contido: Ata 5 puntos


                a.
Metodoloxía: máx. 2


b. Calidade da
redacción: máx. 1


c.
Conclusións: máx. 2


3.- Exposición: Ata 2 puntos


a. Claridade expositiva: max. 1


b. Capacidade de debate e defensa
argumental:  máx. 1


Aos efectos da ponderación do apartado 1
o titor deberá emitir unha puntuación numérica sobre base 10.


 

A
cualificación final será a resultante da media aritmética das notas atribuídas
por cada un dos membros do Tribunal avaliador.

 

Ao remate da
avaliación e cualificación da totalidade do TFG, o Tribunal avaliador poderá
conceder a mención de matrícula de honra de conformidade coa normativa vixente
na Universidade de Vigo.

 

4. No caso de que o TFG non acade a cualificación mínima
de aprobado (5), o Tribunal deberá indicar aqueles aspectos susceptibles de
corrección e mellora para conquerir a devandita cualificación.

 

5. No anterior
suposto, o alumno/a poderá presentar novamente o TFG á consideración do Tribunal
avaliador na convocatoria extraordinaria.











[1] Criterios de avaliación aprobados na XF de 8 de xullo de 2013.





Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000