Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias Jurídicas y del Trabajo
Grao en Dereito
 Materias
  Prácticas externas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas externas
O alumno deberá asistir regularmente ás prácticas e seguir as indicacións do titor da entidade colaboradora en canto á realización das mesmas. O rendemento do alumno nas prácticas será avaliado polo citado titor no Informe final que debe remitir ao titor académico. A avaliación final do alumno corresponde ao titor académico, á vista da Memoria presentada polo alumno e do Informe presentado polo titor da entidade colaboradora.
0
Informes/memorias de prácticas O alumno deberá entregar ao titor/a académico/a no prazo de quince días naturais a contar desde o día en que conclúen as prácticas, unha Memoria de Prácticas Externas, axustándose ao modelo incorporado ao Anexo I da normativa sobre prácticas externas da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. 100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. A avaliación das prácticas será levada a cabo polo titor académico asignado ao alumno. Para poder ser avaliado
positivamente é necesario:
a) Non faltar inxustificadamente a máis dun 10% das horas que conforman a práctica.
b) Que a cualificación global que figure no Informe de Seguimento emitido polo titor da entidade externa sexa igual ou
superior a cinco puntos sobre dez.
c) Entregar ao titor académico no prazo de quince días naturais a contar desde o día en que conclúen as prácticas, a
Memoria de Prácticas Externas, axustándose ao modelo incorporado ao Anexo I da presente normativa.
2. O titor académico elaborará un Informe de Valoración Final no que determinará a cualificación final. Para iso terá en conta
de forma prioritaria o Informe de Seguimento remitido polo titor da institución colaboradora e a Memoria presentada polo
alumno, pero poderá valorar tamén o interese demostrado polo estudante, as tutorías académicas levadas a cabo en
relación coa práctica, así como calquera outro factor do que se deduza un bo resultado na aprendizaxe.
3. En función de todos estes factores, se a cualificación obtida no Informe de Seguimento do titor da entidade colaboradora
é igual ou superior a cinco, o titor académico poderá incrementar a cualificación do alumno até en dous puntos e medio, sen
que a cualificación final poida superar o dez puntos. Pola contra, o titor non poderá rebaixar a nota asignada ao alumno no
Informe de Seguimento emitido polo titor da institución colaboradora.
4. No caso de que o estudante non reúna algún do tres requisitos enumerados nos apartados a), b) e c) deste precepto,
recibirá a cualificación de “Suspenso”.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000