Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito marítimo
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Ao longo do cuatrimestre realizaranse sesións de carácter práctico. A asistencia e participación activa nas mesmas valorase como máximo con 3 puntos.

30
Seminarios
Ao longo do cuatrimestre farase unha sesión de seminario. O alumnado deberá informar sobre unha materia previamente seleccionada polo docente. Permitirase o traballo en grupos de como máximo 3 integrantes. O seminario contará como máximo 2 puntos.
20
Sesión maxistral A participación activa nas clases de teoría servirá para determinar a nota final da materia.
0
Probas de resposta curta Ao final do cuatrimestre farase un exame sobre o contido teórico e as prácticas realizadas en clase. A nota máxima do exame será de 5 puntos. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1.- As notas da avaliación continua gárdanse ata a convocatoria de xullo do curso académico seguinte -incluso nunha eventual participación na convocatoria de fin de carreira-.

2.- Para que o exame faga media será necesario acadar unha nota superior a 2 puntos.

3.- O alumnado que non participe en ningunha actividade da avaliacion contínua será avaliado sobre 10 puntos nun exame final de carácter teórico e practico. Do mesmo modo será avaliado o alumnado que participe nunha convocatoria de fin de carreira que non corresponda ao curso inmediatamente seguinte no que teña cursado esta materia. 
4.- Datas exames:

Convocatoria 2º periodo:
5 de maio ás 10:00 horas.

Convocatoria de xullo:
10 de xullo ás 10:00 horas.
Convocatoria Fin de Carreira: consultar calendario oficial de exames da Facultade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000