Resolución de problemas e/ou exercicios |
Actividade na que se formulan problema e/ou exercicios
relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as
solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de
rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de
procedementos de transformación da información dispoñible e
a interpretación dos resultados. Adóitase empregar como
complemento da lección maxistral. |
Traballos tutelados |
O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un
documento sobre a temática da materia ou prepara
seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de
lecturas, conferencias, etc. |
Debates |
Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse
nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no
resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido
previamente nunha sesión maxistral... |
Seminarios |
Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico,
que permiten afondar ou complementar os contidos da
materia. Pódense empregar como complemento das clases
teóricas. |