Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito da seguridade social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Durante o cuatrimestre se realizarán 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte
dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 10% da
nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de
cara á realización do examen final. As datas de celebración de cada test/cuestionario
serán fixadas polo docente no cronograma da materia.
20
Resolución de problemas e/ou exercicios Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase
<br>dunha proba/examen práctico consistente na resolución, por escrito, dun suposto/caso
<br>práctico no que alumnado aplicará os coñecementos prácticos adquiridos durante o
<br>cuatrimestre. A cualificación obtida nesta suporá o 25% da nota final.
25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase
dunha proba teñorica e escrita, que incluirá entre 5 e 7 preguntas de
desenvolvemento sobre os distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá
demostrar a adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de
extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 30% da nota final.
30
Outras A participación e intervención nas clases teóricas e prácticas, a preparación dos
supostos prácticos ou das sesións teóricas, cando así proceda, a realización de
cuestionarios na plataforma faitic, a asistencia a actividades formativas organizadas
pola Área de Dereito do Traballo e, en xeral, calqueira actividade desenvolvida polo
alumnado ao marxe das probas obxectivas parciais e finais, serán avaliados polo
docente durante todo o cuatrimestre, tendo un valor sobre a cualificación final do 25%.
25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


CONVOCATORIA ORDINARIA DO MES DE XULLO:


Se o/a alumno/a non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de decembro, a nota obtida na avaliación continua


desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Porén, se non superase a materia nas dúas


citadas convocatorias do curso académico, o/a alumno/a tería que someterse un novo proceso de avaliación continua, agás


que opte pola avaliación final teórica e práctica.


SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL:


Aqueles/as alumnos/as que non se acollan ao sistema de avaliación continua serán avaliados nun examen final. Trátase


dunha proba escrita, de carácter teórico e práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final.


CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:


Na convocatoria fin de carreira o/a alumno/a será avaliado nun único examen escrito, de carácter teórico e práctico e que representará o 100% da nota final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000