Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Fundamentos económicos de defensa da competencia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Los alumnos tendrán que realizar un trabajo en el que revisarán algún caso de competencia que habrán de presentar. 20
Probas de resposta curta Se realizarán dos controles periódicos que supondrán el 20% de la evaluación continua.

El examen final de la asignatura supondrá el 60% de la calificación final y estará integrado por preguntas cortas relativas a contenidos teóricos y prácticos.
80
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA DE PRIMEIRO CUADRIMESTRE E XULLO:

A nota final da materia resultará da suma da obtida na avaliación continua (40% da nota) e a obtida nun exame final (60% da nota).

Avaliación continua (40% da nota final):

- 20% pola realización e presentación dun traballo no que os estudantes revisarán algún caso de competencia.

- 20% pola media de dous controis periódicos.

Exame final (60% da nota final). Como regra xeral, o exame suporá o 60% da nota. Con todo, aqueles estudantes que superasen os dous controis periódicos, obtendo máis dun 5 en ambos, poderán optar por non presentarse ao exame final. Nese caso a nota media dos dous controis suporá un 80% da nota final.

Para os alumnos que non superen a materia na convocatoria de xaneiro, na convocatoria de XULLO mantense a nota da avaliación continua. Por tanto, o exame supón un 60% da nota.

NOTA IMPORTANTE 1: Se non se superan os dous controis periódicos, a nota final da materia será a suma da cualificación obtida por avaliación continua máis a cualificación do exame. Con todo, a puntuación do exame final só se terá en conta cando sexa igual ou superior a 3,5 puntos (sobre 10). En caso contrario, a cualificación final será igual á puntuación por avaliación continua. Así mesmo, a cualificación dos alumnos que non se presenten ao exame será a que obtivesen por avaliación continua.

NOTA IMPORTANTE 2: A forma xeral de avaliación será a especificada anteriormente. Excepcionalmente, e só baixo autorización expresa dos profesores da materia antes do 1 de outubro, será posible a avaliación do 100% da materia a través dun exame final. Este exame terá parte teórica e práctica, de modo que será, en contido e detalle, diferente ao correspondente á modalidade de avaliación continua.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE FIN DE CARREIRA: Na convocatoria extraordinaria de fin de carreira, realizarase un exame escrito que valerá o 100% da nota.

DATAS DE EXAME: De acordo co calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade, as datas previstas de exame final son as seguintes:

- Convocatoria de Fin de Carreira: 13 de outubro de 2014, 9 h.

- Primeiro cuadrimestre: 22 de decembro de 2014, 10 h.

- Convocatoria de xullo: 29 de xuño de 2015, 10 h.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000