Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito do traballo e da seguridade social
   Contidos
Tema Subtema
PARTE I. INTRODUCCIÓN E FONTES TEMA 1. CONCEPTO E ÁMBITO APLICATIVO DA DISCIPLINA.
Presupostos configuradores. Especial referencia ao traballo “por conta allea” e a dependenza. O traballo autónomo. O Estatuto do Traballador Autónomo. O traballador autónomo económicamente dependente. Exclusións legais. Traballos familiares e servizos benévolos. Conselleiros
de sociedades.Funcionarios públicos e demáis persoal estatutario. Prestacións persoais obrigatorias. Transportistas.
Relacións laborais de carácter especial. Persoal de alta dirección e asimilados. Servidores do fogar familiar. Penados nas institucións penitenciarias. Deportistas profesionais. Artistas en espectáculos públicos. Representantes de comercio. Similitude e diferencias cos axentes
mercantís. Traballadores disminuídos en centros especiais. Estibadores portuarios. Avogados en despachos profesionais. Médicos residentes. Outras. Referencia a traballos singulares.

TEMA 2. FONTES DO DEREITO DO TRABALLO.
Lexislación estatal. A Constitución.- Normas con rango de lei.- Regulamentos.- Normativa das Comunidades Autónomas.- O ámbito de aplicación da Lei do Reino de España. O Regulamento Comunitario 593/2009 (Roma I). O art. 1.4 ET.
Normas colectivas. O convenio colectivo. Concepto.- O art. 37 da Constitución. Eficacia do convenio.- Tipoloxía de convenios. Remisión. Lexislación supraestatal. Tratados bilaterais e multilaterais.- Convenios e recomendacións da OIT.- Normativa da Unión Europea.
Outras fontes. Usos e costumes profesionais.- A xurisprudencia e a
doutrina xudicial.- Os principios xerais do dereito.- Principios laborais: Respeto aos mínimos, norma máis favorable, condición máis beneficiosa,irrenunciabilidade de dereitos, pro operario.- O Dereito común.

PARTE II. A RELACIÓN INDIVIDUAL DE TRABALLO TEMA 3. O CONTRATO DE TRABALLO.
Concepto.- Partes: traballador e empresario.- Capacidade do traballador.
A idade.- Estranxeiros e nacionais de Estados membros da Unión Europea.- Nulidade do contrato.- Forma. Presunción de contrato. Copia básica e dereitos de información do traballador.- Período de proba.

TEMA 4. INTERMEDIACIÓN, FOMENTO DO EMPREGO E RELACIÓNS TIANGULARES DE TRABALLO.
Intermediación. Servicios públicos de emprego e axencias de colocación.
Fomento do emprego. Subvencións e bonificacións. Relacións triangulares de traballo. A descentralización productiva.
Concepto e tipoloxía.- Contratas e subcontratas. Responsabilidade laboral,
administrativa e de Seguridade Social. Dereitos informativos.- Cesión de traballadores e tráfico de man de obra.- Empresas de traballo temporal. Requisitos. Contrato de posta a disposición. Contrato de traballo. Relación do traballador coa empresa usuaria.- Sucesión da empresa.
Concepto. Responsabilidades solidarias. Facultades dos representantes legais.

TEMA 5. MODALIDADES DE CONTRATO DE TRABALLO.
Contratos indefinidos. Ordinario. De fomento da contratación. Fixo
discontinuo. Contratos formativos. Os dereitos formativos. Contrato para a formación e a aprendizaxe.- Contrato en prácticas.Contratos temporais estructurais. Obra ou servizo determinado.- Eventual.-Interinidade. Modalidades.
Contratos temporais de fomento do emprego. Discapacitados.- De relevo.- En empresas de inserción.- De apoio a emprendedores.
Regras xerais aplicables a tódolos contratos temporais.Contrato a tempo parcial. Concepto. Forma.- Voluntariedade. Tránsito á xornada completa e viceversa.- Horas complementarias.

TEMA 6. OBRIGAS DO TRABALLADOR.
Prestación do traballo.-Dilixencia e rendemento normal.-Obediencia e desobediencia lexítima.-A non concurrencia. Pactos de exclusividade e de permanencia.-Invencións “de servicio” e dereitos de explotación da propiedade intelectual.

TEMA 7. A RETRIBUCIÓN.
Concepto. Clases de salarios. Non discriminación por razón de xénero.Presunción de salario.- Percepcións non salariais.- Estructura salarial. Salario base e complementos salariais.- Salario mínimo interprofesional.- Absorción e compensación.- Gratificacións extraordinarias.- Pagamento do
salario. Mora e anticipos. Documentación.- Aseguramento do pagamento. O Fondo de Garantía Salarial. Os créditos salariais preferenciais. En caso de concurso. Protección procesal común do salario. Inembargabilidade.

TEMA 8. A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E OUTROS DEBERES DO EMPRESARIO.
A prevención de riscos laborais. A LPRL e a súa normativa de desenvolvemento.- Dereitos e obrigas.- Servizos de Prevención.- Consulta e participación dos traballadores.- Responsabilidades. Outros deberes do empresario Respeto á dignidade do traballador e igualdade de tratamento.- O acoso por razón de sexo e o acoso sexual. O acoso moral.- Non discriminación por razón de xénero. Discriminacións directas e indirectas.- Ocupación efectiva.- Formación e promoción profesionais.

TEMA 9. TEMPO DE TRABALLO
Regulación da xornada de traballo ordinaria. Xornada máxima.- Tempos
de traballo e tempos de descanso.- Xornadas especiais. Horas extraordinarias.
Distribución do tempo de traballo e do descanso. O calendario laboral.- O horario.- Traballo nocturno e a quendas.- Descansos semanais e festivos.- Vacacións anuais.- Permisos e outras ausencias do traballo.- Xornada e conciliación da vida familiar e laboral.

TEMA 10. O PODER DE DIRECCIÓN DO EMPRESARIO E O IUS VARIANDI.
O poder de dirección do empresario. Concepto.A clasificación profesional. O grupo profesional.- A categoría profesional e
a equivalencia.- O encadramento e a polivalencia funcional. Mobilidade funcional. Horizontal e vertical. Límites. Mobilidade xeográfica. Traslados. Desprazamentos. Referencia aos desprazamentos transnacionais.Modificación sustancial das condicións de traballo.

TEMA 11. SUSPENSIÓN DO CONTRATO. Concepto e efectos xerais. Reserva de posto e suspensión do salario.- Causas de suspensión: Mutuo acordo e causas válidamente consignadas no contrato. Incapacidade temporal e incapacidade permanente. Maternidade, adopción e acollemento. Paternidade. Risco durante o
embarazo e lactación materna. Víctima de violencia de xénero. Privación de liberdade e prestacións persoais obrigatorias. Cargo público representativo e excedencia forzosa. Funcións sindicais.- Suspensións
colectivas. Forza maior temporal e causas económicas, técnicas, organizativas e de producción. Folga e lockout. Suspensión disciplinaria. Excedencia para coidado de fillos e para coidado de familiares. Excedencia voluntaria.

TEMA 12. A EXTINCIÓN DO CONTRATO
Introducción. Concepto. Causas. O recibo de finiquito.Por cumprimento e por vontade das partes. Por causas válidamente
pactadas.-. Expiración do termo.- Por mutuo acordo. Por desaparición ou incapacidade dunha das partes. Por causas atinentes ao empresario.- Por causas atinentes ao traballador. Por vontade unilateral do traballador. Dimisión e abandono.- Resolución causal por decisión do traballador. Por vontade unilateral do empresario. O concepto de despedimento.-
Tipoloxía.

TEMA 13. O DESPEDIMENTO.
O despedimento disciplinario e a potestade disciplinaria. Causas xustas (estatutarias e extraestatutarias).- Forma. Carta de despedimento, audiencia a delegados sindicais e expediente contradictorio. Outras.- Calificación e efectos. Procedente, improcedente e nulo.- O caso do despedimento tácito.- Outras sancións. Legalidade e tipicidade. Límites legais. Formalidades. Prescripción das infraccións.
O despedimento por causas obxectivas. Concepto e causas.- Requisitos e forma.- Calificación e efectos. O despedimento colectivo. Concepto e causas.- O procedemento de regulación de emprego. Calificación e efectos
PARTE III. DEREITO COLECTIVO DO TRABALLO

TEMA 14. LIBERDADE SINDICAL E DEREITO DE
ASOCIACIÓN EMPRESARIAL
A liberdade sindical. Concepto.- Ámbito subxectivo.- As asociacións empresariais como suxeitos excluídos.- Contido esencial e adicional.- Tutela da liberdade sindical.
Sindicatos e organizacións empresariais. Réxime xurídico. Representatividade sindical e acción sindical. A maior representatividade
e a suficiente representatividade.- A representatividade empresarial.

TEMA 15. PARTICIPACIÓN DOS TRABALLADORES NA EMPRESA
Representación estatutaria. Delegados de persoal e comités de empresa.- Comité conxunto e comité intercentros.- Comités de empresa europeos.- Competências dos representantes. Garantías e prerrogativas.
Representación sindical. Seccións sindicais e delegados sindicais. Asamblea de traballadores.

TEMA 16. A NEGOCIACIÓN COLECTIVA SUXEITOS NEGOCIADORES E ÁMBITOS PERSOAL, FUNCIONAL, TERRITORIAL E TEMPORAL.
A lexitimación para negociar e as unidades de negociación.- A concurrencia de convenios.- Duración e sucesión de convenios.- A negociación colectiva extraestatutaria.- Os acordos de empresa.
O proceso de negociación dos convenios. Solicitude de negociación e constitución da comisión negociadora.- Validez. Forma, rexistro e publicación dos convenios.- Control da ilegalidade ou lesividade. Adhesión e extensión. O contido dos convenios e a súa administración. Contido mínimo.- Contido normativo e obrigacional.- Interpretación e aplicación do convenio.

TEMA 17. CONFLICTOS COLECTIVOS E PROCEDEMENTOS DE SOLUCIÓN
Medidas de conflicto colectivo. O dereito de folga. Fontes reguladoras.Titularidade e limites: folgas ilegais e folgas ilícitas ou abusivas.Procedemento de desenvolvemento. Efectos. Folgas en servicios esenciais.- O peche patronal.
Procedementos de solución de conflictos colectivos. Especial referencia aos procedementos de conciliación, mediación e arbitraxe e ao procedemento de conflicto colectivo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000