Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penal II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Haberá dúas probas de tipo test, cualificadas cada unha delas de 0 a 10 puntos. A nota media de ambas probas constituirá o 50% da cualificación final (o outro 50% corresponde ao exame final).
Cada unha delas farase na data establecida polo profesor da materia.
Consistirán en preguntas sobre a parte correspondente do temario, indicada pola coordinadora da materia.
50
Outras EXAME FINAL:

Será unha proba tipo test na que se incluirá a totalidade do temario.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Primeira oportunidade (maio 2014).

a) Ao comezo do curso, o/a alumno/a deberá manifestar a súa vontade de acollerse ao sistema de avaliación continua. A tal fin, a coordinadora da materia proporcionaralle un documento que o/a alumno/a deberá cubrir e asinar.

b) O/A alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua, entregando o documento sinalado, será avaliado/a consonte aos criterios previamente establecidos (50% probas tipo test e 50% exame final) e non terá dereito a ser avaliado/a nesta oportunidade conforme a un exame final que represente o 100% da cualificación na materia.

c) O/A alumno/a que non cubra e entregue o devandito documento non terá dereito a ser avaliado/a conforme ao sistema de avaliación continua, podendo realizar nesta oportunidade un exame final que constitúe o 100% da cualificación na materia.

2. Segunda oportunidade (xullo 2014).

Consistirá para todos/as os/as alumnos/as nun exame final que suporá o 100% da cualificación na materia.

3. Convocatoria de "fin de carreira" (outubro 2013)

Para aqueles/as alumnos/as que se matriculen na convocatoria de "fin de carreira", o exame consistirá nunha proba tipo test que abranguerá todo o temario da materia e suporá o 100% da cualificación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000