Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito financeiro e tributario I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final que consta de dúas partes: unha escrita na que o alumno terá que resolver varios casos prácticos, e outra oral na que se formularán distintas
preguntas sobre o temario da materia.
70
Probas de resposta curta Nos Seminarios realizaranse probas de resposta curta e tipo test exclusivamente aos alumnos que se sometan ao sistema de avaliación continua. A nota media dos distintos exames constituirá o 20% da nota final dos devanditos alumnos. 20
Outras Tanto nos Seminarios, como nas clases presenciais, tamén se proporá ao alumnado a realización de distintas actividades: casos prácticos, exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, etc.. Estas actividades só serán avaliadas para os alumnos que opten pola avaliación continua.
Ademais, valorarase especialmente a participación activa do alumno, tanto nas
clases maxistrais, como nos seminarios.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O temario que figura no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que serán obxecto de exame.
Oportunamente, a comezo do curso académico, proporcionaráselle ao alumno un temario máis detallado cos epígrafes que
conforman cada lección.

Primeira oportunidade de exame:
1.- Os alumnos que se someten a avaliación continua serán avaliados conforme aos criterios que se indicaron máis arriba:
proba final (70%), probas de resposta curta ou test (20%) e outras (10%). Na proba final, o exame de teoría e oral suporá o
80% e o práctico, por escrito, suporá un 20%. En todo caso, o alumno deberá alcanzar unha cualificación mínima de 4 sobre
10 na proba final para que se lle teñan en conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua.
2.- Os alumnos que NON se someten a avaliación continua, ou que queden excluídos do devandito sistema: a súa
cualificación estará integrada polo 80% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 20% da cualificación obtida no
exame práctico escrito, tratándose de probas diferentes ás que realicen os alumnos de avaliación continua.

Segunda oportunidade de exame:
1.- No exame de xullo só se realizará unha proba final, que constará de dous partes: unha práctica escrita (na que se
resolverán un ou varios casos prácticos) e unha teórica oral (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da
materia).
2.- Os alumnos que se someteron ao sistema de avaliación continua conservarán a nota que obtivesen no curso.
3.- Para os alumnos que non se someten a avaliación continua, ou que queden excluídos do devandito sistema: a súa
cualificación estará integrada polo 80% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 20% da cualificación obtida no
exame práctico escrito, tratándose de probas diferentes ás que realicen os alumnos de avaliación continua.
4.- Aos alumnos que se someteron ao sistema de avaliación continua e non superasen a proba final nin na primeira oportunidade de exame nin na segunda conservaráselles a nota obtida a través de devandito sistema durante o curso
académico seguinte, sempre que o alumno manifeste o seu acordo.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA
O exame da convocatoria de Fin de carreira será unha proba teórico-práctica escrita, cuxa cualificación será o 100% da nota.
A cualificación estará integrada polo 80% da cualificación obtida no exame teórico e o 20% da cualificación obtida no exame
práctico. Non se terá en conta en ningún caso a avaliación continua do ano anterior.

As datas de exame foron fixadas para as seguintes datas:

Fin de carreira: 13 outubro 2014. 15 horas

Ordinarias:

14 maio 2015. 10 horas

15 xullo 2015. 10 horas

Aconsellase comprobar estas datas por si existen cambios sobrevidos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000