Probas de tipo test |
Haberá dúas probas de tipo test, cualificadas cada unha delas de 0 a 10 puntos. A nota media de ambas probas constituirá o 50% da cualificación final (o outro 50% corresponde ao exame final)
Cada unha delas farase na data establecida polo profesor da materia.
Consistirán cada unha delas en 50 preguntas sobre a parte correspondente do temario, indicado polo profesor. Cada resposta correcta ten un valor de 0,2 puntos, e cada resposta incorrecta resta 0,2 puntos. As preguntas non respondidas non suman nin restan. |
50 |
Outras |
EXAME FINAL:
Consta de dúas partes: unha parte teórica (puntuada de 0 a 5 puntos) e unha parte práctica –caso práctico- (puntuada de 0 a 5 puntos). A suma total de ambas partes deste exame final representa o 50% da cualificación total.
Parte teórica: constitúe unha parte do exame final. As preguntas que o alumno debe desenvolver, formularanse sobre o temario da materia.
Parte práctica: constitúe outra parte do exame final. Consistirá na resolución dun caso práctico. |
50 |
1. Primeira oportunidade (xaneiro).
a) Ao comezo do curso, o/a alumno/a deberá manifestar a súa vontade de acollerse ao sistema de avaliación continua. A tal fin, o profesor da materia proporcionaralle un documento que o/a alumno/a deberá cubrir e asinar.
b) O/A alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua, entregando o documento sinalado, será avaliado consonte aos criterios previamente establecidos (50% probas tipo test- 50% exame final) e non terá dereito a ser avaliado nesta primeira oportunidade conforme a un exame final que represente o 100% da cualificación na materia.
c) O/A alumno/a que non cubra e entregue o devandito documento non terá dereito a ser avaliado conforme ao sistema de avaliación continua, puidendo realizar nesta oportunidade un exame final que constitúe o 100% da cualificación na materia. O exame final consta de dúas partes: una parte teórica (puntuada de 0 a 5 puntos) e unha parte práctica -caso práctico- (puntuada de 0 a 5 puntos).
2. Segunda oportunidade (xullo).
Consistirá para todos os alumnos nun exame final que suporá o 100% da cualificación na materia. |