Realizaranse, a través da plataforma Faitic, cuestionarios de autoavaliación para validar a adquisición de competencias por parte do alumno.
Realizarase un cuestionario ao finalizar cada un dos temas de teoría e para determinadas sesións de resolución de problemas e exercicios.
25
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas.
Realizarase un exame de respostas curtas, opción múltiple e/ou relacionar.
10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento
A avaliación de certas actividades realizarase por parte do profesor utilizando unha rúbrica.
48
Probas de resposta curta
A avaliación de certas actividades realizarana os propios alumnos en base a uns criterios definidos previamente (avaliación por pares).
17
Outros comentarios sobre a Avaliación
A materia divídese en dúas partes: teoría e práctica.
A nota final obterase aplicando a seguinte fórmula:
Nota teoría x 20% + nota práctica x 80%
Sendo necesario, para poder aplicar esta fórmula, obter unha cualificación mínima de 4 en cada unha das partes. Para superar a materia o alumno debe obter, como nota final, unha cualificación igual ou superior a 5.
A parte práctica divídese en seis bloques: procesador de textos avanzado (15%), folla de cálculo (15%), bases de datos xurídicas (15%), ofimática en liña (10%), blogs (15%) e Otras ferramentas Web.2.0 (10%). Para superar a parte práctica será necesario obter unha puntuación mínima de 4 en cada un destes bloques.
O alumno poderá elixir o sistema de avaliación que desexa se lle aplique na materia. Para iso debe optar, nos primeiros 15 días do cuadrimestre, entre avaliación continua ou Exame Final único (100% da nota final) . A firma deste contrato de avaliación é obrigatoria para todo o alumnado.
Na segunda oportunidade (Xullo) realizarase unha proba final que englobará todo o que seviu ao longo do cuadrimestre. A esta proba final, os alumnos que optaron por avaliación continua, só acudirán con aqueles bloques que tivesen suspendido.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000