Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Introdución ao dereito civil e dereito da persoa
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 70
Estudo de casos/análise de situacións Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Enténdese como regra xeral que os alumnos optan polo sistema de avaliación continua coas porcentaxes xa indicadas. O alumno deberá obter para poder compensar unha parte coa outra, un 3 sobre dez nos casos e un 4 sobre dez na proba de contidos.


O alumno que non se acolla á avaliación continua por deixala o por non poder asistir deberá facer unha proba final no mes de maio/xuño na que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, iguais preguntas de resposta longa incrementadas nunha respecto daqueles que optasen pola avaliación continua cun valor do 70% da cualificación e, ademais, uns casos cun valor do 30% da cualificación, e decir, cos mesmos porcentaxes xa indicadas para os da avaliación continua. Deberá obter para poder compensar unha parte con outra, un 3 sobre dez nos casos e un 4 sobre dez na proba de contidos.


No mesmo curso gardaránse as notas de avaliación continua do segundo período para xuño/xullo. O sistema de avaliación en xuño/xullo será igual que no segundo período, tanto para os alumnos que sigan a avaliación continua como para aqueles que non, poidendo acadar ambos o 100% da cualificación.


Convocatoria Fin de Carreira: O alumno deberá facer unha proba final na que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, iguais preguntas de resposta longa incrementadas nunha respecto daqueles que optasen pola avaliación continua cun valor do 70% da cualificación e, ademais, uns casos cun valor do 30% da cualificación, é dicir, cos mesmos porcentaxes xa indicadas para os de avaliación continua. Deberá obter para poder compensar unha parte con outra, un 3 sobre dez nos casos e un 4 sobre dez na proba de contidos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000