Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Dereito constitucional II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios
Avaliaranse as análises dos feitos, problemas ou sucesos reais, e a capacidade de coñecelos, interpretalos, resolvelos e a capacidade de reflexionar sobre eles. Avaliación continua nas horas prácticas.
20
Traballos tutelados
<br>
<br> Avaliaranse a e laboración de traballos tutelados sobre algún contido do programa e a súa exposición e debate
10
Presentacións/exposicións
Exposición dos traballos tutelados
10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento avalidación final que implicará o desenvolvemento por escrito de dúas preguntas longas que se inluirán no programa 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Será condición imprescindible para contabilizar a avaliación continua obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba de resposta longa


Aqueles alumnos que, por circunstancias persoais ou profesionais, non poidan participar de maneira presencial o continua no desenvolvemento do curso poderán presentar por escrito os diferentes traballos realizados ao mesmo tempo que os asistentes. Isto suporalles un 40% da avaliación final e a proba de resposta longa o outro 60% da avaliación final.


Aqueles alumnos que non poidan participar no desenvolvemento do curso de maneira presencial terán unha avaliación final que implicará o desenvolvemento por escrito de dúas preguntas longas do programa e suporán o 80% da avaliación e una pregunta práctica que suporá o 20% da avalidación.


Tanto estes últimos alumnos como os anteriores gozarán de atención personalizada nas titorías individualizadas (previa cita) cando así o desexen.


Na segunda convocatoria diferenciaranse as seguintes modalidades:


a) Para os alumnos presenciais: terán que ser avaliados daquela parte da programación docente que non superasen durante o curso.


b) Para aqueles alumnos que participan, aínda que non o fan de maneira presencial na súa totalidade: terán que superar aquela parte da programación docente que non superasen.


c) Para aqueles alumnos que se presentasen unicamente a unha avaliación final e non a superasen: deberán repetir esa mesma modalidade de avaliación na súa totalidade.


Convocatoria fin de carrera


A avaliación constará de dúas preguntas de resposta longa e o desenvolvemento dun caso práctico. Cada unha das preguntas de resposta longa valerán un 40% da nota final; o desenvolvemento dun caso práctico valerá o 20% da nota final

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000