Guia docente 2010_11
Facultad de Ciencias Jurídicas y del Trabajo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Dereito constitucional II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Presentación por escrito de análises de textos e análises críticas de lecturas propostas ao longo do curso. 20
Debates Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral, etc. 10
Titoría en grupo Entrevistas que o alumno mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe. 10
Traballos tutelados Elaboración de traballos tutelados sobre algún contido do programa. 30
Presentacións/exposicións Presentación e exposición dos traballos realizados polos alumno en grupo ou individualmente. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Aqueles alumnos que, por circunstancias persoais ou profesionais, non poidan participar de maneira presencial no desenvolvemento do curso poderán presentar por escrito os diferentes traballos realizados ao mesmo tempo que os asistentes. Isto suporalles un 50% da avaliación final e a proba de resposta longa o outro 50% da avaliación final.


Aqueles alumnos que non poidan participar no desenvolvemento do curso de maneira presencial terán unha avaliación final que implicará o desenvolvemento por escrito de dúas preguntas longas que se incluirán no programa e suporán o 100% da avaliación.


Tanto estes últimos alumnos como os anteriores gozarán de atención personalizada nas titorías individualizadas (previa cita) cando así o desexen.


Na segunda convocatoria diferenciaranse as seguintes modalidades:


a) Para os alumnos presenciais: terán que ser avaliados daquela parte da programación docente que non superasen durante o curso. b) Para aqueles alumnos que participan, aínda que non o fan de maneira presencial na súa totalidade: terán que superar aquela parte da programación docente que non superasen. c) Para aqueles alumnos que se presentasen unicamente a unha avaliación final e non a superasen: deberán repetir esa mesma modalidade de avaliación na súa totalidade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000