Guia docente 2009_10
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito constitucional II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentación e exposición dos traballos realizados polos alumno en grupo ou individualmente. 30%
Traballos tutelados Elaboración de traballos tutelados sobre algún contido do programa. 30%
Probas de autoavaliación Presentación por escrito de análises de textos e análises críticas de lecturas propostas ao longo do curso. 20%
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Desenvolvemento por escrito dunha pregunta do programa. 20%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación






Aqueles alumnos que, por circunstancias persoais ou
profesionais, non poidan participar de maneira presencial no desenvolvemento
do curso poderán presentar por escrito os diferentes traballos realizados ao
mesmo tempo que os asistentes. Isto suporalles un 50% da avaliación final e a
proba de resposta longa o outro 50% da avaliación final.


Aqueles alumnos que non poidan participar no
desenvolvemento do curso de maneira presencial terán unha avaliación final
que implicará o desenvolvemento por escrito de dúas preguntas longas que se
incluirán no programa e suporán o 100% da avaliación.


Tanto estes últimos alumnos como os anteriores gozarán
de atención personalizada nas titorías individualizadas (previa cita) cando
así o desexen.


Na segunda convocatoria diferenciaranse as seguintes
modalidades:


a) Para os alumnos presenciais: terán que ser avaliados
daquela parte da programación docente que non superasen durante o curso. b)
Para aqueles alumnos que participan, aínda que non o fan de maneira
presencial na súa totalidade: terán que superar aquela parte da programación
docente que non superasen. c) Para aqueles alumnos que se presentasen unicamente
a unha avaliación final e non a superasen: deberán repetir esa mesma
modalidade de avaliación na súa totalidade.


 


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000