Guia docente 2011_12
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Teoría do dereito
   Contidos
Tema Subtema
I. O Dereito como forma de organización social e como sistema normativo. TEMA 1. O concepto de Dereito. Positivismo e Iusnaturalismo. O Dereito como sistema normativo. Validez, eficacia e xustiza do Dereito.

TEMA 2. O Dereito como forma de organización social. O control social e o Dereito. Dereito e cambio social. As funcións do Dereito.

TEMA 3. O Dereito e outras ordes normativas. O Dereito e os usos sociais. O Dereito e a moral. Distincións e conexións. Ética pública e ética privada. O Dereito como realización da moralidade: moral legalizada.

TEMA 4. Dereito e forza. Dereito e poder político. Aproximación histórica. Aproximación sistemática. O punto de vista externo. O punto de vista interno: o Dereito como organización do poder. O Estado de Dereito e os seus tipos.
II. A ciencia do Dereito. TEMA 5. O coñecemento científico sobre o Dereito: a polémica sobre a súa posibilidade. A dogmática xurídica. Ciencia do Dereito, Filosofía do Dereito e Socioloxía do Dereito.
III. Teoría do Dereito: a norma xurídica e o sistema xurídico. TEMA 6. A norma como proposición prescritiva. Principais dimensións da norma xurídica. Clasificación das normas xurídicas. Principios e regras.

TEMA 7. O ordenamento xurídico como sistema. A unidade do ordenamento xurídico. A coherencia do ordenamento xurídico e o problema das antinomías. A plenitude do ordenamento xurídico e as lagoas.

TEMA 8. A produción normativa. O Dereito legal e o Dereito xudicial. Outras normas de produción normativa: especial referencia ás fontes do Dereito da Unión Europea.
IV. Interpretación e aplicación do Dereito. TEMA 9. Interpretación e aplicación do Dereito. Dereito e linguaxe. Criterios de interpretación. A argumentación xurídica.
V. Conceptos xurídicos fundamentais. TEMA 10. A relación xurídica. Dereito subxectivo e deber xurídico. Responsabilidade. Ilícito e delito. a sanción e os seus tipos.
VI. Os problemas do Dereito xusto e a eficacia do Dereito. TEMA 11. Xustiza e Dereito. As relacións entre Dereito e política. Teorías da xustiza: clásicas e contemporáneas.

TEMA 12. Lexitimidade do poder e xustiza do Dereito. A xustiza formal: a seguridade xurídica. A xustiza material: liberdade, igualdade e solidariedade. Os dereitos fundamentais, os valores e os principios como desenvolvemento da idea de xustiza.

TEMA 13. A obediencia ao Dereito. Obriga moral e obriga xurídica. Obediencia e resistencia ao Dereito. A desobediencia civil e a obxección de conciencia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000