Guia docente 2010_11
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Principios de economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividades relacionadas coas prácticas. Poderán consistir na entrega de exercicios resoltos, exposición de exercicios no encerado, controis periódicos, traballos, etc. Até un 30 da nota final.
Probas de resposta curta Exame escrito dos contidos da materia. Até un 60 da nota final.
Outras Asistencia ás clases teóricas, clases prácticas. O alumno deberá asistir alomenos ao 80% das clases teóricas e ao 80% do resto das actividades. Até un 10 da nota final.
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Tanto na convocatoria ordinaria como na convocatoria extraordinaria do presente curso, a nota final da materia constará de dous bloques. Por un lado, un exame escrito que valerá ata un 60% da nota (6 puntos) e doutra banda, a avaliación continua que pesará ata un 40% na nota final (4 puntos).

Exame escrito (Ata 6 puntos): Haberá 1 exame parcial liberatorio de contido tanto teórico como práctico da primeira metade da materia (módulos A, B, e C) na semana 9-10 e un exame final que se realizará na data oficial establecida no calendario de exames. Os alumnos que superen o exame parcial só terán que examinarse no exame final da segunda parte do programa (módulos D e E ). Os alumnos que non superen o exame parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final.
Para poder aprobar a materia será requisito imprescindible ter obtido como mínimo 2 puntos dos 6 posibles neste primeiro bloque. A nota obterase como a media aritmética do exame parcial liberatorio e o exame final, no caso de ter aprobado o parcial liberatorio, ou a nota do exame final noutro caso.

Avaliación continua (Ata 4 puntos): O 40% restante da nota obterase mediante a avaliación continua do alumno, o que inclúe a asistencia tanto ás clases teóricas como ás clases prácticas e aos seminarios, a entrega de follas de exercicios, a entrega de traballos e a nota dos pequenos controis que periodicamente se poidan facer. Concretamente a puntuación será a seguinte:
- 1 punto pola asistencia ás clases teóricas, clases prácticas e seminarios. Para obter este punto o alumno deberá asistir polo menos ao 80% das clases teóricas e ao 80% do resto das actividades.
- Ata 3 puntos polo resto das actividades como son as notas dos controis periódicos, os traballos relacionados coas prácticas de laboratorio, a entrega de follas de problemas, etc.

O alumno que non se acolla ao sistema de avaliación continua terá dereito a un exame final onde se determinaría o 100% da nota. Este exame será diferente do que terán que realizar os alumnos que seguiron o sistema de avaliación continua. Non obstante, por razóns pedagóxicas, é altamente recomendable a asistencia regular a clase (tanto ás clases teóricas como prácticas e tamén ás titorías). Sen dúbida, a asistencia regular ás clases fará que a dificultade de superar a materia sexa notablemente máis baixa. Así, o alumno poderá aproveitarse dun ritmo de traballo continuo e da exposición de contidos teóricos e prácticos feitos na aula polos seus compañeiros e o profesor.











Modalidade presencial.


Tanto na primeira como na segunda
convocatoria, a nota final da materia constará de dous bloques. Por un lado,
un exame escrito que valerá ata un 60% da nota (6 puntos) e doutra banda, a
avaliación continua, que pesará ata un 40% na nota final (4 puntos).



Exame escrito (ata 6 puntos): haberá un exame parcial
liberatorio de contido tanto teórico como práctico da primeira metade da
materia (módulos A, B, e C) na semana 9-10 e un exame final que se realizará
na data oficial establecida no calendario de exames. Os alumnos que superen o
exame parcial só terán que examinarse no exame final da segunda parte do
programa (módulos D e E ). Os alumnos que non superen o exame
parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final.

Para poder aprobar a materia será requisito imprescindible
ter obtido como mínimo dous puntos dos seis posibles neste primeiro bloque. A
nota obterase como a media aritmética das dúas partes da materia ou a nota do
exame final.



Avaliación continua (ata 4 puntos): o 40% restante da nota
obterase mediante a avaliación continua do alumno, o que inclúe a asistencia
tanto ás clases teóricas como ás clases prácticas e aos seminarios, a entrega
de follas de exercicios, a entrega de traballos e a nota dos pequenos
controis que periodicamente se poidan facer. Concretamente, a puntuación será
a seguinte:

- 1 punto pola asistencia ás clases teóricas, clases
prácticas e seminarios. Para obter este punto, o alumno deberá asistir, polo
menos, ao 80% das clases teóricas e ao 80% do resto das actividades.

- Ata 3 puntos polo resto das actividades como son as
notas dos controis periódicos, os traballos relacionados coas prácticas de
laboratorio, a entrega de follas de problemas, etc.



Nota importante: como xa se mencionou, para superar a
materia, o estudante deberá obter polo menos dous puntos (un 33% sobre un
máximo de seis puntos) no exame escrito. A cualificación final calcularase,
neste caso, mediante a suma das notas no exame escrito e na avaliación
continua.


 


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000